Presidencia da Xunta de Galicia
A presidencia da Xunta de Galicia osténtaa a persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial autonómico galego, e de representar Galicia no exterior. A súa elección correspóndelle aoParlamento de Galicia, que debe escoller a presidencia entre os seus deputados e deputadas conforme ao artigo 5.2 do Estatuto de Autonomía[1], escollidos estes á súa vez por sufraxio universal. O goberno de Galicia estabeleceuse o 16 de marzo de 1978 e ratificouse a través do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, aprobado o 28 de abril de 1981.[2] O mandato de goberno é de catro anos, que poden ser renovábeis.
Presidencia da Xunta de Galicia | |
---|---|
Tratamento | Excelentísimo señor |
Residencia | Residencia oficial de Monte Pío, Santiago de Compostela |
Sede | Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela |
Ámbito | Comunidade Autónoma de Galicia |
Designado por | Parlamento de Galicia |
Duración | Catro anos, sen límite de mandatos |
Creación | 22 de xaneiro de 1982 |
Primeiro titular | Xerardo Fernández Albor |
Precedido por | Alberto Núñez Feijóo |
Salario | 72.679,92 €/ano |
Sitio web | www.presidente.gal |
Desde 2022, a presidencia da Xunta de Galicia recae no pontevedrés Alfonso Rueda Valenzuela.
Atribucións
editarAs atribucións do presidente están presentes na Lei de Galicia 1/1983, de 22 de febreiro, de normas reguladoras de la Junta y de su presidencia (publicada no DOG, o 21 de marzo) baseándose no artigo 16.4 do Estatuto de Autonomía de Galicia e son as seguintes:
- Representa-la Comunidade Autónoma de Galicia nas relacións con outras institucións do Estado (artigo 10).
- Subscribi-los convenios e acordos de cooperación con outras comunidades autónomas.
- Convocar eleccións ao Parlamento de Galicia trala súa disolución.
- Promulgar, no nome do Rei, as leis de Galicia, así como, no seu caso, os Decretos Lexislativos e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
- Como representante ordinario do Estado en Galicia, correspóndelle ao Presidente da Xunta manter relacións coa Delegación do Goberno en Galicia aos efectos dunha mellor coordinación das actividades do Estado en Galicia e as da Comunidade Autónoma.
- Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento do presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e das leis e decretos lexislativos de Galicia no Boletín Oficial do Estado.
- Dirixir e coordina-las actividades da Xunta e ocupar a representación do Estado en Galicia (artigo 19, do Estatuto de Autonomía).[1]
Dereitos
editarO presidente da Xunta, posúe tamén uns dereitos conferidos, sobre todo, no artigo 11 na mesma Lei de Galicia 1/1983,[3] entre os que están:
- A preeminencia que lle corresponde, baseándose na alta representación da Comunidade Autónoma e a ordinaria do Estado en Galicia.
- Que lle sexan rendidos os honores correspondentes baseándose no estabelecido na legalidade vixente e ao acordado na Comunidade Autónoma.
- Recibir o tratamento de Excelencia.
- Utilizar a bandeira de Galicia como pendón.
- Ocupar a residencia oficial que se estabeleza, neste caso o pazo de Monte Pío, coa correspondente dotación de persoal e servizos.
- Percibir a remuneración e gastos de representación que se estabelezan polo Parlamento de Galicia e figuren nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
- Recibir con carácter vitalicio o tratamento de Excelentísimo Señor ou Señora e os honores protocolarios e as precedencias estabelecidas na lexislación vixente e na que, no seu caso, dite a Comunidade Autónoma.
- Ser membro nato do Consello Consultivo de Galicia.
Estrutura interna
editarA presidencia da Xunta, ademais das competencias de representación e de liderado do poder executivo, presenta uns órganos dependentes. Baixo o goberno de Alfonso Rueda Valenzuela, trala súa elección en maio de 2022,[4] as competencias reservadas son:[5]
- Secretaría Xeral da Presidencia (da que dependen a Dirección Xeral do Gabinete Técnico da Presidencia): Beatriz Cuiña Barja
- Secretaría Xeral da Emigración: Antonio Rodríguez Miranda
- Secretaría Xeral de Medios (da que dependen a Dirección Xeral e o Gabinete de Comunicación): Silvia Valdés Díaz de Freijo
- Corporación de Radio e Televisión de Galicia: Alfonso Sánchez Izquierdo
- Asesoría Xurídica Xeral: Manuel Pillado Quintáns
- Axencia Turismo de Galicia: María Nava Castro Domínguez (cesada o 15 de xuño de 2023).[6]
- S.A. de Xestión do Plan Xacobeo: Ildefonso de la Campa Montenegro
Ademais, como as demais consellerías, ten unha secretaría xeral de Presidencia, da que depende o director xeral do Gabinete de presidencia. Tamén depende da Presidencia o gabinete de asesoría xurídica xeral da Xunta.
A Directora da Axencia de Turismo María Nava foi cesada en xuño de 2023, por mor da súa presentación á alcaldía de Ponteareas.[6]
Lista de presidentes
editarAta o de agora, houbo seis presidentes da Xunta autonómica e tres da preautonómica. O 15 de novembro de 2024, na conmemoración do 80º aniversario do Consello de Galiza, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi recoñecido como primeiro presidente da autonomía política do país no Parlamento de Galicia.[7][8]
Consello de Galiza
editarImaxe | Presidente | Inicio do mandato | Fin do mandato | |
---|---|---|---|---|
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886 – Buenos Aires, 1950) |
1944 | 1950 |
Preautonomía
editarImaxe | Presidente | Inicio do mandato | Fin do mandato | Partido | |
---|---|---|---|---|---|
Antonio Rosón Pérez (Becerreá, 1911–1986) |
13 de xullo de 1977 | 9 de xuño de 1979 1 ano, 10 meses e 27 días |
UCD | ||
Xosé Quiroga Suárez (Petín, 1920–2006) |
9 de xuño de 1979 | 22 de xaneiro de 1982 3 anos, 3 meses e 18 días |
Autonomía
editarImaxe | Presidente | Inicio do mandato | Fin do mandato Duración |
Partido | Lexislatura (Eleccións) | |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Xerardo Fernández Albor (Santiago de Compostela, 1917–2018) |
22 de xaneiro de 1982 | 26 de setembro de 1987 5 anos, 8 meses e 4 días |
Alianza Popular | I (1981) | |
II (1985) | ||||||
2 | Fernando González Laxe (A Coruña, 1952) |
26 de setembro de 1987 | 5 de febreiro de 1990 2 anos, 4 meses e 9 días |
PSdeG-PSOE[nota 1] | ||
3 | Manuel Fraga Iribarne (Vilalba, 1922–2012) |
5 de febreiro de 1990 | 2 de agosto de 2005 15 anos, 5 meses e 25 días |
PPdeG | III (1989) | |
IV (1993) | ||||||
V (1997) | ||||||
VI (2001) | ||||||
4 | Emilio Pérez Touriño (A Coruña, 1948) |
2 de agosto de 2005 | 16 de abril de 2009 3 anos, 8 meses e 14 días |
PSdeG-PSOE[nota 2] | VII (2005) | |
5 | Alberto Núñez Feijóo (Ourense, 1961) |
16 de abril de 2009 | 12 de maio de 2022 13 anos e 26 días |
PPdeG | VIII (2009) | |
IX (2012) | ||||||
X (2016) | ||||||
XI (2020) | ||||||
6 | Alfonso Rueda Valenzuela (Pontevedra, 1968) |
12 de maio de 2022 |
Notas
editar- ↑ Goberno de coalición con Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego
- ↑ Goberno de coalición co Bloque Nacionalista Galego
- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 "O presidente no Estatuto de Autonomía". xunta.gal. Consultado o 10-12-2018.
- ↑ "Todos os presidentes da Xunta de Galicia". Consultado o 16 de xuño de 2023.
- ↑ "Título II. Del Presidente de la Xunta". noticias.juridicas.com. Consultado o 10-12-2018.
- ↑ "Alfonso Rueda, proclamado presidente da Xunta, sexto da historia autonómica - G24".
- ↑ "Estrutura da Presidencia da Xunta". xunta.gal. Consultado o 16 de xulio de 2023.
- ↑ "Castelao, presidente". Praza Pública. 15 de novembro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024.
- ↑ "Castelao é nomeado como primeiro presidente de Galicia polo Parlamento". g24.gal. 15 de novembro de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024.