Residencia oficial de Monte Pío
residencia oficial do Presidente da Xunta de Galicia
A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).
Características
editarFoi deseñada por Manuel Gallego Jorreto nuns terreos que foron cedidos polo Instituto Nacional de Meteoroloxía nunha faldra do barrio compostelán de Casas Novas. Canda o proxecto de residencia, habilitouse unha zona anexa como parque público. Foi estreada en 2002 por Manuel Fraga. Neste complexo viviron até o momento o propio Fraga, o socialista Emilio Pérez Touriño, Alberto Núñez Feijóo e mais Alfonso Rueda. Conta con 25.000 m² (o total, coa zona verde do parque é de 70.000 m²[1]) e dúas áreas definidas: a da vivenda e mais unha zona dedicada á actividade institucional.
Notas
editar- ↑ El parque de Monte Pío implica la cesión a la Xunta de Galicia de un edificio del Hórreo Arquivado 08 de decembro de 2015 en Wayback Machine. en La Voz de Galicia o 19 de febreiro de 2001.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Info xeral en El Correo Gallego. Arquivado 02 de agosto de 2017 en Wayback Machine. (en castelán)