Manuel Gallego Jorreto

arquitecto galego

Manuel Gallego Jorreto, nado no Carballiño en 1936,[1] é un arquitecto galego.

Manuel Gallego Jorreto
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Medalla de Galiza.svg
Nacemento1936
Lugar de nacementoO Carballiño
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
Coñecido porEdificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra
PremiosMedalla Castelao, Medalla de Ouro de Galicia, Premio Nacional de Arquitectura e espazos públicos e Premio Nacional de Arquitectura de España
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1963, onde tamén se doutorou en 1968. Comezou a traballar no estudio de Alejandro de la Sota, logo de completar a súa formación en Noruega onde traballou con Erling Viksjø.

Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego en 1976. Dende 1980 tamén é membro do Seminario de Estudos Galegos e, dende 1996, da Fundación Luis Seoane.

Na súa traxectoria traballou moito sobre vivenda privada, en concreto, sobre vivendas protexidas promovidas por administracións públicas (Santa Cruz, Vite ou Eirís). Porén, os seus traballos máis recoñecidos están relacionados con obra pública.

Foi profesor do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña, na área de Urbanismo, durante máis de vinte anos.

ObrasEditar

 
Museo de Arte Sacra da Colexiata

PremiosEditar

Actividade docenteEditar

GaleríaEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Manuel Gallego, Tanais Ediciones, s.a., 1998.
  • Facultad del área de las Ciencias Sociales de la Universidad de A Coruña, edita ACS, 2003.

Artigos en publicacións periódicasEditar

  • El croquis, 1984, Madrid, nº13, pp. 37–43.
  • Obradoiro, COAG, 1981, Santiago de Compostela, nº7, pp. 11 e 20-21.
  • Obradoiro, COAG, 1984, Santiago de Compostela, nº10, pp. 10–16 e 17-18.
  • Obradoiro, COAG, 1985, Santiago de Compostela, nº12, pp. 7–14 e 15-16.
  • Obradoiro, COAG, 1987, Santiago de Compostela, nº13, pp. 2–13.
  • Tectónica, 1996, Madrid, nº1, pp. 50–69.

Ligazóns externasEditar