Emilio Pérez Touriño

político galego

Emilio Pérez Touriño, nado na Coruña o 8 de agosto de 1948, é un economista e político galego. Foi o presidente da Xunta de Galicia dende o 2 de agosto de 2005 ata marzo de 2009, e Secretario Xeral do PSdeG dende 1998 ata o 2 de marzo de 2009.

Emilio Pérez Touriño
Emilio Pérez Touriño

2 de agosto de 2005 – 16 de abril de 2009
Vicepresidente Anxo Quintana
Precedido por Manuel Fraga Iribarne
Sucedido por Alberto Núñez Feijóo


Secretario xeral do PSdeG-PSOE
10 de outubro de 1998 – 2 de marzo de 2009
Precedido por Francisco Vázquez Vázquez
Sucedido por Pachi Vázquez

3 de marzo de 1996 – 28 de outubro de 1997

19 de outubro de 1997 – 10 de marzo de 2010

Datos persoais
Nacemento 8 de agosto de 1948 (75 anos) A Coruña, España
Partido PSdeG-PSOE
Cónxuxe/s Esther Cid
Profesión Profesor universitario, político

Na rede
Dialnet: 212882

Traxectoria editar

Pérez Touriño realizou estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble (Francia). É doutor en Ciencias Económicas e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, onde foi vicerreitor para Asuntos Económicos.

Durante a transición democrática foi dirixente estudantil e activo militante progresista e participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal que o posibilitaron. Era entón membro do PCG.

Entrou na política da man de Abel Caballero cando este era ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Foi primeiro xefe do seu gabinete e logo subsecretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente. En 1994 Luis Roldán acusouno de intervir no pagamento de comisións,[Cómpre referencia] polo que renunciou aos seus cargos políticos, aínda que rexeitase sempre a súa implicación. Recibiu a Gran Cruz do Mérito Civil nese mesmo ano. Regresou á docencia ata o ano 96.

En 1998 substituíu a Paco Vázquez como secretario xeral do PSdeG. As relacións entre os dous políticos non son moi boas debido á oposición deste último a chegar a calquera acordo co BNG. No último Congreso do PSOE perdeu o posto que tiña na Comisión Executiva Federal, pero conta, en principio, co apoio do secretario de organización, Xosé Blanco. A súa liña ideolóxica é galeguista, socialdemócrata e federal.

Dende o 2 de agosto de 2005 encabezou un goberno de coalición co BNG coñecido como bipartito galego, que aspirou a reformar o Estatuto de Autonomía.

Nas eleccións ao parlamento de Galicia do 1 de marzo de 2009, presentouse candidato á presidencia polo PSdeG, pero esta vez a coalición co BNG non foi suficiente para superar á maioría absoluta coa que o PP gañou as eleccións. O día 2 de marzo, Touriño asume a súa derrota e renuncia á fronte do Partido Socialista de Galicia[1]. Un ano máis tarde, o 10 de maio de 2010 renunciou ao seu escano no parlamento galego[2].

Touriño é tamén autor de múltiples estudos sobre asuntos de desenvolvemento rexional e economía agraria no eido da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias, Pérez Touriño dirixiu asemade traballos e publicacións en relación coas infraestruturas e o crecemento económico de Galicia.

Obras editar

  • Agricultura y capitalismo: análisis de la pequeña producción campesina (1983). Madrid: Servicio de Publicaciones Agrarias. ISBN 84-7479-211-8
  • Economía campesiña e capital: a evolución da agricultura galega (1960-1980) (1983). con José Colino Sueiras. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-429-6
  • A Galicia emprendedora (2000). Vigo : Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-592-2
  • En clave de país (2001). Santiago de Compostela: TresCtres. ISBN 84-932136-2-4
  • O futuro é posible: retrato dun tempo de cambio : Galicia (1998-2009) (2012). Vigo: Galaxia. ISBN 9788498654660.
  • Crise global e crise da política: unha ollada dende Galicia (2014). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-550-6.
  • El horizonte europeo (2022). USC. 177 páxs. ISBN 9788419155856.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Manuel Fraga Iribarne
  
Presidente da Xunta de Galicia
 
2005–2009
Sucesor:
Alberto Núñez Feijóo
Predecesor:
Francisco Vázquez Vázquez
  
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE
 
19982009
Sucesor:
Pachi Vázquez