Francisco Vázquez Vázquez

diplomático español

Francisco José Vázquez Vázquez, nado na Coruña o 9 de abril de 1946, é un político galego. Foi alcalde da Coruña durante 23 anos, entre 1983 e 2006. Dende ese ano e até 2011 foi o embaixador español no Vaticano.

Francisco Vázquez Vázquez
Francisco Vázquez Vázquez


Alcalde da Coruña
23 de maio de 1983 – 24 de marzo de 2006
Precedido por Joaquín López Menéndez
Sucedido por Javier Losada


Embaixador de España no Vaticano
2006 – 2011


Secretario Xeral do PSdeG-PSOE
1980 – 1982
Precedido por José Luis Rodríguez Pardo
Sucedido por Antonio Rodríguez Rodríguez

1994 – 1998
Precedido por Antolín Sánchez Presedo
Sucedido por Emilio Pérez Touriño


Deputado nas Cortes Xerais de España
por provincia da Coruña
1979 – 1981

1982 – 2000


Senador nas Cortes Xerais de España
por provincia da Coruña
2000 – 2006


Presidente da FEMP
por PSOE
1991 – 1995
Precedido por Tomás Rodríguez Bolaños
Sucedido por Rita Barberá

2003 – 2006
Precedido por Rita Barberá
Sucedido por Heliodoro Gallego

Datos persoais
Nacemento 9 de abril de 1946 (77 anos) A Coruña, Galicia Galicia
Partido PSdeG-PSOE (até 2014)
Profesión Avogado, Inspector de Traballo, político
Residencia A Coruña

Traxectoria editar

Estudou Dereito en Madrid. É avogado e inspector de Traballo en excedencia. En 1975 ingresou no PSOE e na UGT na clandestinidade [1]. En febreiro de 1977, no Congreso Constituínte do PSOE en Galicia, foi elixido Secretario Xeral, e formou parte do primeiro Comité Federal do PSOE na democracia. Foi Secretario Xeral do PSdeG-PSOE en tres ocasións, e presentouse á presidencia da Xunta de Galicia nas primeiras eleccións autonómicas. Como deputado no Parlamento de Galicia encabezou a oposición ao establecemento da capitalidade en Santiago propoñendo que A Coruña fose a sede das institucións autonómicas

En maio de 1983 gañou as eleccións locais na Coruña con maioría absoluta e foi elixido alcalde. Foi reelixido novamente con maioría absoluta en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003, sendo o único alcalde dunha cidade galega, ata Abel Caballero en Vigo no 2015, en rebasa-lo 50 % dos votos, o cal ocorreu nas convocatorias de 1987 a 1999. Ata 2019, cando Caballero se alzou cun 67 % dos votos e 20 concelleiros en Vigo, tivo os mellores rexistros nunha urbe galega cun 59 % e 18 concelleiros en 1991 e un 56 % e 17 concelleiros en 1999.

Foi varias veces elixido cabeza de lista do PSOE pola provincia da Coruña, e ocupou o cargo de senador durante varias lexislaturas. Participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981 e presidiu a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) entre 1991 e 1995 e novamente entre 2003 e 2006.

Entre outros títulos, posúe o de Cabaleiro da Orde do Imperio Británico[2] e a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.[3]

 
Paseo marítimo da Coruña

Do seu paso pola alcaldía da Coruña destacan:

Deixou a alcaldía o 10 de febreiro de 2006, cando o goberno español o nomeou embaixador no Vaticano[4], cargo que mantivo até abril de 2011.

Controversias editar

De carácter conservador e constantemente enfrontado ao nacionalismo galego, mantivo sempre posturas de seu, independentes das oficiais do seu partido. Republicano e socialdemócrata, confésase católico practicante e respectuoso coa monarquía. Destacou pola súa longa batalla polo topónimo castelán da cidade e a súa feroz oposición ao uso oficial exclusivo do nome galego "A Coruña", en contra da Lei de Normalización Lingüística de Galicia.

Algunhas das súas decisións causaron polémica, en especial na súa última época á fronte de María Pita. Entre elas estiveron a derruba do asilo de Adelaida Muro, a instalación de amarres deportivos na dársena da Mariña, a concesión da farmacia de Durmideiras, as terrazas da praza de María Pita ou a instalación dunha bandeira española na Coraza do Orzán tras o desfile das Forzas Armadas de 2005, o que provocou o rexeitamento frontal do nacionalismo local.

Tamén reclamou a capitalidade da comunidade autónoma para A Coruña e mesmo unha diocese para a cidade, independente da compostelá.

Recoñecementos editar

Foi condecorado, entre outras,[5] con:

  • Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de Pío IX.
  • Orde do Imperio Británico[2].
  • Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica[3].
  • Gran Cruz da Orde de Malta.
  • Cabaleiro da Gran Cruz da Sagrada Orde Militar Constantiniana de San Jorge.
  • Gran Cruz Fidélitas.
  • Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
  • Gran Cruz da Orde de Afonso X o Sabio.
  • Gran Cruz do Mérito Militar.
  • Gran Cruz do Mérito Naval.
  • Orde do Mérito Constitucional.
  • Gran Cruz da Orde Real do príncipe Danilo I (Montenegro).
  • Medalla de Ouro da Coruña.
  • Gran mestre de honor da Orde de Cabaleiros de María Pita.
  • Fillo Predilecto da Coruña.
  • En 2009 foi galardoado co Premio Fernández Latorre[6].


Predecesor:
Joaquín López Menéndez
  
Alcalde da Coruña
 
19832006
Sucesor:
Javier Losada
Predecesor:
José Luis Rodríguez Pardo
  
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE
 
19801982
Sucesor:
Antonio Rodríguez Rodríguez
Predecesor:
Antolín Sánchez Presedo
  
Secretario Xeral do PSdeG-PSOE
 
19941998
Sucesor:
Emilio Pérez Touriño
Predecesor:
Tomás Rodríguez Bolaños
 Presidente da FEMP 
19911995
Sucesor:
Rita Barberá
Predecesor:
Rita Barberá
 Presidente da FEMP 
20032006
Sucesor:
Heliodoro Gallego

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar