Partido Comunista de Galicia

(Redirección desde «PCG»)

O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.

Partido Comunista de Galicia (PCG)
Federación Galega do PCE
Dirixentes e organización
LíderJorge Crego
MocidadesXuventude Comunista
Historia
Fundación1968
Posicións políticas
IdeoloxíaComunismo
Marxismo
Leninismo
Galeguismo
Federalismo
Republicanismo
Representación
Parlamento de Galicia
0 / 75
Congreso dos deputados
1 / 350
Senado
0 / 266
Outros datos
SedeRúa Dublín 8, baixo dereita, Santiago de Compostela
PublicaciónA Voz do Pobo
Na rede
pcgalicia.org
Facebook: PCGALICIA Twitter: PCGalicia BNE: XX132012 Editar o valor en Wikidata

Historia e características

editar

O PCG constituíuse en 1968, o congreso constituínte celebrouse no exilio, en París. Xa o PCE fora o principal partido de oposición ao franquismo en Galicia e o PCG mantivo esa hexemonía, pero xa contestada polos partidos nacionalistas de esquerda e tamén por outros partidos de esquerdas escindidos do propio PCE.

O seu primeiro secretario xeral foi Santiago Álvarez.

Eva Solla, foi elixida no XIII Congreso do 4 de outubro de 2014 cun 95% dos votos e foi a primeira muller na historia do PCG en desenvolver o cargo.

Dende 2022, o cargo de Secretario Nacional desempéñao Jorge Crego, que foi elixido no XV congreso celebrado en decembro de 2022 na Coruña. Crego é doutor en Dereito e profesor na Universidade da Coruña.

Secretarios xerais

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar