Anxo Guerreiro

Anxo Guerreiro Carreiras ou Ángel Guerreiro Carreiras,[1] chamado Geluco, nado en Xermade o 28 de agosto de 1945 e falecido o 18 de xullo de 2013 na Coruña,[2] foi un político e xornalista galego.

Anxo Guerreiro
Anxo guerreiro 01.jpg
Ángel Guerreiro Carreiras
Datos persoais
Nacemento1945
 Xermade, (Lugo)
Falecemento18 de xullo de 2013
 A Coruña
OrganizaciónPartido Comunista de España
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
ProfesiónPolítico, xornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Ingresou no Partido Comunista de España de moi novo cando estudaba Químicas na Universidade de Santiago de Compostela, militancia pola que foi encarcerado en varias ocasións[3] e non rematou os estudos. No 1976, formaba parte do Comité Central do PCE que se deu a coñecer en Roma[2] e, no 1979, foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Galicia, sucedendo a Rafael Pillado. Formou parte do chamado "Grupo dos 16", representantes de diferentes partidos políticos que redactaron o Estatuto de Galiza.[2]

En 1981, converteuse no primeiro e único deputado no Parlamento de Galicia coas siglas do PCG (1981-1985). Foi partidario do "eurocomunismo", polo que foi destituído por Carrillo en 1983 e remprazado por Julio Pérez de la Fuente[4], aínda que despois recuperou a secretaría xeral no PCG.[2]

Tamén máximo dirixente do Partido Comunista de Galicia e de Esquerda Unida. As súas discrepancias con Julio Anguita levárono a separar a organización galega da federal creando Esquerda de Galicia,[5] e que acudiu ás eleccións autonómicas de 1997 en coalición co PSdeG, o que posibilitou que de novo fose elixido deputado (1997-2001). Esta separación non foi aceptada por unha parte de Esquerda Unida que se presentaron a esas eleccións co nome de Izquierda Unida e tomaron o nome de Esquerda Unida-Izquierda Unida (Na X Asemblea Nacional, readoptaron o nome de Esquerda Unida unicamente).

Nas eleccións de 2001, o PSdeG non quixo reeditar o pacto e EdeG presentouse en solitario con Anxo Guerreiro como candidato á presidencia da Xunta pero, tralos malos resultados obtidos, Guerreiro dimitiu e EdeG acabou desaparecendo.[3][4]

Nos últimos anos da súa vida foi comentarista e opinador político en diversos medios, como Localia Santiago ou a Radio Galega.[5]

Padecía dos riles e desenvolveu un cancro de pulmón. Foi incinerado. O seu cadaleito foi cuberto coa bandeira de Galicia e por catro caraveis vermellos.

NotasEditar

  1. "Relación de diputados proclamados electos polas suntas electorais provinciais" (PDF). parlamentodegalicia.es. Consultado o 13-6-2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Pereiro, Xosé Manuel (18-7-2013). "Muere Anxo Guerreiro, el comunista de rostro amable". elpais.com/ (en castelán). Consultado o 13-6-2020. 
  3. 3,0 3,1 Redacción (19-6-2013). "Fallece el político gallego Anxo Guerreiro a los 67 años". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 13-6-2020. 
  4. 4,0 4,1 Redacción (18-6-2013). "elcorreogallego.es". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 13-5-2020. 
  5. 5,0 5,1 Redacción (18-7-2013). "Morre Anxo Guerreiro, figura chave da historia do PCE e de EU en Galiza". nosdiario.gal. Consultado o 13-6-2020.