Julio Anguita

político español

Julio Anguita González, nado o 21 de novembro de 1941 en Fuengirola e finado en Córdoba o 16 de maio de 2020[1], foi un político comunista andaluz.

Julio Anguita
Datos persoais
Nacemento21 de novembro de 1941
 Fuengirola
Falecemento16 de maio de 2020
 Córdoba
OrganizaciónPartido Comunista de España
Izquierda Unida
FillosJulio Anguita Parrado
Alma máterUniversidade de Barcelona
ProfesiónMestre
Na rede
IMDB: nm0029947 Dialnet: 766292 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Procedente dunha familia de militares e gardas civís, estudou maxisterio e posteriormente historia na Universidade de Barcelona, militante do Partido Comunista de España desde 1972 (ou 1974), foi alcalde de Córdoba entre 1979 e 1988, candidato á presidencia da Xunta de Andalucía en 1986, elixido secretario xeral do PCE en 1988, cando se formou Izquierda Unida converteuse no seu coordinador xeral. Deputado no Congreso dos Deputados (1989-2000). En 1999 deixou a secretaría do seu partido tras sufrir problemas cardiovasculares.

Durante o seu liderado IU mantivo unha política moi belixerante co goberno do PSOE, con posturas próximas á ortodoxia comunista, e opostas á Europa de Maastricht, favorecendo acordos puntuais co Partido Popular, o que provocou enfrontamentos no interior da coalición que levan á expulsión da corrente Nueva Izquierda e a ruptura con Iniciativa per Catalunya, pero tamén é certo que con el IU obtivo os mellores resultados electorais da súa historia.

O seu fillo, Julio Anguita Parrado, xornalista, morreu cando cubría coas tropas norteamericanas a invasión de Iraq de 2003 por un disparo iraquí.


Predecesor:
Gerardo Iglesias
  
Secretario Xeral do PCE
 
1988 - 1998
Sucesor:
Francisco Frutos
Predecesor:
Gerardo Iglesias
 Coordinador Xeral de IU 
1988 - 2000
Sucesor:
Gaspar Llamazares

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar