Abrir o menú principal

Rafael Pillado Lista, nado en San Cibrao (Cervo) o 12 de xuño de 1942, é un antigo político e militante sindical galego.

Rafael Pillado Lista
Nacemento12 de xuño de 1942 (77 anos)
 San Cibrao (Cervo), Galicia Galiza
NacionalidadeEspaña
OcupaciónSindicalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cando tiña tres anos o seu pai, militante comunista, foi detido e lévano para a cadea en Ferrol. Estableceuse coa nai en Ferrol para estar preto do pai e aos 15 anos comezou a traballar en Bazán, os estaleiros de Ferrol. En 1960 ingresou no Partido Comunista de España e nas Xuventudes Comunistas con 18 anos. Fixo o servizo militar e á volta participou nun campo de formación do PCE en Alemaña do Leste. En 1966 participou na creación das primeiras formacións sindicais non oficiais da ditadura, coa creación das Comisións Obreiras de Bazán, de onde se acaba por formar as Comisións Obreiras de Galicia[1].

O 10 de marzo do ano 1972 os traballadores da Empresa nacional BAZAN, convocaron unha manifestación en sinal de protesta e rexeitando o convenio colectivo interprovincial. As manifestacións sindicais polo establecemento dun novo convenio laboral dentro de Bazán, saldáronse co homicidio de Amador Rey e Daniel Niebla, mortos por disparo da policía franquista.[2] Daquela Rafael Pillado estaba no Sindicato Vertical. En 1972 foi encarcerado, e non foi posto en liberdade ata a amnistía de 1976. Encabezou a candidatura do PCG pola provincia da Coruña nas primeiras eleccións democráticas. Nese mesmo ano de 1979 foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Galicia, en substitución de Santiago Álvarez. Foi un dos partidarios do eurocomunismo. Anos despois foi expulsado do PCG e o PCE, e sumouse ao Partido Comunista de Galicia - Marxista Revolucionario, a formación que en España lideraba Santiago Carrillo como escisión do PCE.

Posteriormente pasou ao PSOE, do que tamén se deu de baixa, para pasar a apoiar a AGE, (Alternativa Galega de Esquerdas). Participou tamén nas manifestacións contra os gaseiros na ría de Ferrol e é directivo da Asociación Cultural "Fuco Buxán".

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Pillado, Rafael (2012). Fuco Buxán, ed. O latexo da vida e da conciencia. Memorias Colectivas de Rafael Pillado I. Ferrol. 

Ligazóns externasEditar

Narración dos feitos do 10 de marzo de 1972: