Esquerda de Galicia
Esquerda de Galicia foi un partido político galego de esquerdas formado en 1997.
Esquerda de Galicia | |
---|---|
Tipo | partido político español |
Data de fundación | 1998 |
Data de disolución | 2002 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarEn 1997 unha parte de Esquerda Unida encabezada polo coordinador xeral, Anxo Guerreiro (apoiado dende Madrid polo PDNI), decidiu coligarse co PSdeG-PSOE nas eleccións autonómicas, pacto que foi aprobado por ampla maioría no seu consello nacional o 24 de maio.[1]
Acudiron ás eleccións autonómicas de 1997 en coalición co PSdeG, obtendo dous deputados (Anxo Guerreiro e Xosé Manuel Pazos). Esta separación non foi aceptada por unha parte de Esquerda Unida (minoritaria) que se presentaron a esas eleccións co nome de Izquierda Unida e tomaron o nome de Esquerda Unida-Izquierda Unida (na X Asemblea Nacional, readoptaron o nome de Esquerda Unida unicamente).
Posteriormente, o grupo que decidiu participar có PSdeG-PSOE, transformouse en Esquerda de Galicia e os tribunais concederíanlle á federación galega de IU o uso do nome Esquerda Unida.
Nas eleccións de 2001, o PSdeG non quixo reeditar o pacto e EdeG presentouse en solitario con Anxo Guerreiro como candidato á presidencia da Xunta pero, tralos malos resultados obtidos, Guerreiro dimitiu e moitos membros da organización reintegráronse en EU-IU.
Notas
editar- ↑ "Guerreiro no espera «represalias» de Anguita por ir con el PSOE a los comicios", La Voz de Galicia, 25-5-1997, p. 5.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web de Esquerda de Galicia, arquivada en Wayback Machine.