Xosé Manuel Pazos

escritor e político galego

Xosé Manuel Pazos Varela, nado en Coiro (Cangas) o 19 de marzo de 1957 e finado en Vigo o 25 de xaneiro de 2021[1], foi un escritor, dramaturgo e político galego.

Xosé Manuel Pazos
Xosé Manuel Pazos Varela.jpg
Nacemento19 de marzo de 1957
Lugar de nacementoCoiro
Falecemento25 de xaneiro de 2021
Lugar de falecementoVigo
Causacancro de pulmón
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Participou como actor, autor e director, na creación dos grupos de teatro afeccionado de Cangas Matamoura e Múa, da sección de Vigo-Cangas da Escola Dramática Galega, e da Compañía profesional Teatro de Ningures. Participou na Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, da que foi responsable nas nove primeiras e na 11ª edición. Traballa habitualmente para Teatro de Ningures e a Revista Galega de Teatro. Colaborou en varios espectáculos de Teatro do Atlántico e con outras compañías como o Centro Dramático Galego.

Foi concelleiro de Cultura de Cangas en dúas etapas: 1995-97, por Esquerda Unida-Esquerda Galega e 2007-09 pola Alternativa Canguesa de Esquerdas. Entre 1997 e 2001 foi deputado no Parlamento de Galicia por Esquerda de Galicia. Dende 2011 foi concelleiro na oposición no Concello de Cangas.

Nas eleccións municipais de 2015, encabezou a candidatura de ACE e foi elixido alcalde de Cangas grazas ao apoio de BNG e ASxUN. En 2019 recuncou na alcaldía á fronte de ACE co apoio do PSOE, BNG e Avante, aínda que conformou un bipartito só cos primeiros.

Faleceu no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo mentres continuaba á fronte do concello a causa dunha insuficiencia cardíaca derivada do cancro pulmonar que arrastraba desde había anos.

ObraEditar

  • Ida e volta (Taxi), premio Max ao mellor autor teatral en galego.
  • Desembarco dos turcos.
  • María Soliña.
  • Act-Tress.
  • Crónica da peste.
  • María Soliña ou O profeta ou o derradeiro berro de Randulfo.

A súa versión teatral da novela de Suso de Toro Círculo recibiu o Premio Max ao mellor texto Teatral en galego en 2003.

Foi o autor da letra do tema "María Soliña" do grupo de rock Astarot.

Traduciu a José Luis Alonso de Santos, Juan Mayorga, Luigi Pirandello, Ernesto Caballero de las Heras, Itziar Pascual e José Sanchis Sinisterra.

Obra literaria publicadaEditar

TraduciónsEditar

  • Cartas de amor a Stalin. Himmelweg. A paz perpetua, de Juan Mayorga, 2009, Galaxia.

Obras colectivasEditar

NotasEditar

  1. Juan Calvo (25/01/2021). "Fallece el alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos". Faro de Vigo (en castelán). 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


Predecesor:
José Enrique Sotelo
  
Alcalde de Cangas
 
2015 - 2021
Sucesor:
Victoria Portas