Alternativa Canguesa de Esquerdas
A Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) é unha coalición política de Cangas que se presentou ás eleccións municipais de 2007, 2011 e 2015.
Alternativa Canguesa de Esquerdas | |
---|---|
Tipo | partido político español |
Data de fundación | 2007 |
Sede | Cangas |
País | Galicia |
Na rede | |
http://www.acesquerdas.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA ACE é un reagrupamento de xentes de esquerda de Cangas, conformada pola FPG, Esquerda Unida, PCPG e persoas independentes. Mariano Abalo Costa, funcionario do Servizo de Correos, encabezou inicialmente a lista da ACE. Con anterioridade fora presidente da Xestora Municipal, deputado provincial e concelleiro en Cangas pola FPG dende 1999. O número dous na lista foi Xosé Manuel Pazos Varela, profesor, exparlamentario e anteriormente cabeza de lista de INMO (Iniciativa Polo Morrazo). Nas eleccións municipais do 27 de maio de 2007 acadaron en Cangas 1.890 votos, o 13,1% dos votos, e 2 concelleiros e 1 concelleira sobre un total de 21. No ano 2011 acadarían 1.744 votos, o 12,77% dos sufraxios, mantendo 2 concelleiros e unha concelleira. No ano 2015 acadou 2.268 votos, o 17,14 % dos sufraxios e 4 concelleiros.
Goberno
editarNas eleccións de 2007, por decisión da asemblea aberta de veciñas e veciños, a Alternativa Canguesa de Esquerdas negociou co BNG e co PSOE (que acadaran 6 e 4 edís, respectivamente) o goberno do municipio.
Mariano Abalo Costa ocuparía o posto de Concelleiro de Urbanismo, o número dous da Alternativa, Xosé Manuel Pazos Varela sería o encargado da Concellería de Cultura e Educación, mentres que a número tres da coalición, Maruchi Álvarez Barreiro tomaría a delegación da Concellería de Persoal.
O 28 de xaneiro de 2010 rompeuse dito pacto (a decisión da mesma asemblea aberta) polos supostos ataques do BNG contra as competencias dos edís de ACE [1] e polo coloboracionismo dos nacionalistas cos promotores do porto deportivo de Massó. Ficaba, entón o bipartito nun goberno de minoría, non reclamado polo PP.
A Alternativa Canguesa de Esquerdas continua na oposición dende a ruptura do pacto de gobernoas até a actualidade, xa que nas eleccións de 2011, por mor da perda de votos do Bloque Nacionalista Galego e do PSOE, que repercutirían sobre o PP e UPAC, facilitouse o acceso ao goberno destas dúas forzas conservadoras.
No ano 2015 tras quedar 2º nas eleccións, ACE fíxose coa alcaldía grazas ó apoio dos 4 concelleiros do BNG e os 3 de ASpuN. Deste xeito Xosé Manuel Pazos Varela acolleu o título de alcalde. ACE fíxose coas concellerías de urbanismo, mocidade e voluntariado e medioambiente e turismo.
Ao longo de 2021 ACE comezou a desfacerse trala morte do alcalde e a súa substitución por Victoria Portas, así como a posterior ruptura do pacto cos socialistas e a marcha da edil de Esquerda Unida da coalición.
En 2023 o grupo presentouse por Alternativa dos Veciños, a formación do alcalde de Oleiros Ángel García Seoane, encabezada pola alcaldesa Victoria Portas. A formación logrou tan só 1 concelleiro, que apoiou a elección da nacionalista Araceli Gestido como nova alcaldesa pero mantívose na oposición.
Notas
editar- ↑ "O proxecto do porto de ¨Massó¨ dinamita o Goberno de Cangas. Galicia Hoxe". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2016. Consultado o 10 de setembro de 2012.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Alternativa Canguesa de Esquerdas Alternativa Canguesa de Esquerdas
- Cangas non se vende Foro Social pola Defensa do Pobo