Astarot é un grupo cangués de rock formado no ano 1983.[1] O grupo foi fundado por Wes (voces), Carlos Rodal (baixo) e Carlos Gandón (guitarra e voces), e en 1986 uniríase Tebi (batería).[2] Ata a data o grupo leva publicados nove álbums de estudio, un deles compartidos coa banda The Refrescos.[3]

Astarot
OrixeCangas, Galiza
Período1983 - presente
Xénero(s)rock
MembrosJuan A. Antepazo (Voz)
Carlos Rodal (Baixo)
Carlos Gandón (Guitarras)
Nano Vikendi (Guitarras)
Jose M. Piedra (Batería)
Na rede
Páxina web
Facebook: astarotMEX MySpace: astarot-mex Musicbrainz: 2da08b6c-e39e-4280-897e-590556e3f8c2 Discogs: 912211 Editar o valor em Wikidata

Historia editar

 

Astarot nace no ano 1983 en Cangas do Morrazo (Pontevedra – Galicia) .

En 1989 gravan nos estudios Musitron (Madrid) o seu primeiro vinilo "Donde se hospeda el pasado", coa produción de Alfredo Garrido. En 1990 o grupo quedou finalista no concurso Pop-Rock Gordons, organizado pola cadea de radio 40 Principales e celebrado na discoteca Oh de Madrid despois de presentarse xunto con setecentos grupos. A raíz deste concurso comezan a tocar no programa La quinta marcha, de Telecinco.

En 1994 gravaron o segundo disco "Respirando", editado para España e Portugal. Foi producido por Astarot e José Manuel Tasende, gravado nos estudios Cormorán de Padrón.

O terceiro disco é “Apuesta y gana”. Tamén gravado nos estudios Cormorán, inclúe por primeira vez dous temas en galego. Este traballo ábrelle as portas da televisión ao grupo que dende ese momento comezará a participar en multitude de eventos e programas musicais .

O cuarto disco está compartido coa banda The Refrescos e foi gravado nos Estudios Areamaster (Vigo). É un disco experimental, sen moitas pretensións, gravado totalmente en galego. Na presentación deste disco, en 1998, xuntáronse con Milladoiro na festa do 75 aniversario do Real Club Celta de Vigo, compartindo cartel con Carlos Santana.

O quinto traballo, “O sentir dunha terra”, foi gravado nos Estudios Areamaster (Vigo) é o disco da consagración do grupo, e serve de homenaxe á cultura musical galega, con versións rocanroleiras de todo tipo de autores. Conta con colaboracións como Suso Vaamonde, Los Tamara, Mini (A Quenlla), Susana Seivane, Fuxan os Ventos, Javi Maneiro (Heredeiros da Crus), Saraibas ou Xocas.

O sexto disco é “Longa noite de pedra”, onde se musican poemas de grandes autores galegos, como Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Baldomero Iglesias, Bernardino Graña, Méndez Ferrín, Castelao ou Darío Xohán Cabana.

En 2012  o grupo comeza a preparar o seu sétimo traballo discográfico nos estudios Musitrón de Madrid, coa produción de Alfredo Garrido. Este novo traballo, “Séptimo pecado”, baséase nas composicións propias do grupo, sen deixar de lado as homenaxes á música da súa terra. O disco está formazo por dezaoito pistas, o maior proxecto discográfico emprendido por Astarot ata aquel entón. O traballo conta coas colaboracións de Rosa Cedrón, Joaquín Padilla e Jose Luis Garrido.

No ano 2015 editouse o DVD Fusión rexistrado nun concerto en Cangas do Morrazo en agosto de 2014 en conxunto coa banda de música Belas Artes de Cangas e a coral Lestonnac.[4]

No ano 2017 publican “Una vida en un segundo” un dobre traballo con 13 temas inéditos e 8 clásicos galegos. Astarot coquetea co rock sinfónico incluíndo en bóa parte dos seus temas unha orquestra de corda dirixida polo venezolano David Moreira. Temas portentes, medios tempos e baladas propias do rock clásico. O traballo conta coa colaboración de Alberto Cereijo (N.E.O. , Los Suaves) . Gravado nos Estudios Musitrón (Madrid) baixo a produción de José Luís Garrido .

No ano 2022 Astarot presentou o disco Baixo a luz de Breogán para celebrar os seus 39 anos de andaina musical como unha das bandas referentes do rock galego. No álbum colaboran os músicos Bieito Romero e Xan Cerqueiro, do grupo Luar na Lubre. Con este traballo a banda tamén quixo render homenaxe desde o mundo do rock a autores como Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Xela Arias ou Celso Emilio Ferreiro.[5]

No 2023, Astarot prepárase para celebrar o seu 40 aniversario cun concerto especial, cheo de colaboracións e acto seguido unha xira de presentación que os levará por varios puntos da xeografía galega e parte do territorio estatal .

Discografía editar

Notas editar

  1. "Grupo". Astarot web oficial. Consultado o 2023-11-04. 
  2. "Astarot". Discogs (en castelán). Consultado o 2023-11-04. 
  3. "Discografía". Astarot web oficial. Consultado o 2023-11-04. 
  4. "Lestonnac, Astarot y Belas Artes para el Proyecto Fusión". Faro de Vigo (en castelán). 2014-08-23. Consultado o 2023-11-04. 
  5. "Astarot rinde homenaje a la literatura gallega en su nuevo disco". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-05-02. Consultado o 2023-11-04. 
  6. "Novo disco". Astarot web oficial. Consultado o 2023-03-06.