Victoria Portas
política galega
María Victoria Portas Mariño, nada en Pontevedra en 1976, é unha política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1976 (48 anos) Pontevedra, España |
Alcaldesa de Cangas | |
2021 – 2023 ← Xosé Manuel Pazos – Araceli Gestido Rodríguez → | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Traxectoria
editarRelacións laborais e experta en seguridade social. Traballou como técnica en Emigración e Inmigración e avogada laboral na Asociación de Emigrantes Retornados no ámbito Galego, no Movemento Galego en Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN) e na Coordinadora Estatal (COESPE) sendo a súa voceira durante 3 anos. Nas eleccións municipais de 2019 presentouse na candidatura da ACE (Alternativa Canguesa de Esquerdas), sendo elixida concelleira e portavoz do grupo no Concello. Logo do pasamento do alcalde Xosé Manuel Pazos, foi elixida alcaldesa de Cangas co apoio de PSdeG-PSOE e BNG o 13 de febreiro de 2021.[1]
Predecesor: Xosé Manuel Pazos |
Alcaldesa de Cangas 2021 - 2023 |
Sucesor: Araceli Gestido |
Notas
editar- ↑ Calvo, Juan (14 de febreiro de 2021). "Victoria Portas, nueva alcaldesa de Cangas tras el fallecimiento de Pazos". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021.