Revista Galega de Teatro
A Revista Galega de Teatro (tamén RGT ou erregueté) é unha publicación periódica galega dedicada ás artes escénicas activa desde 1983. A súa orixe está no Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega, publicado pola sección viguesa desta escola, cuxo nome se transformaría en diversas ocasións ata a marca actual que é erregueté. Nela publícanse reportaxes de actualidade, entrevistas aos diversos actores da industria cultural galega e críticas de espectáculos da temporada presente.
erregueté | Revista Galega de Teatro Entenderás por que te apaixona o teatro | |
---|---|
Tipo | Revista de artes escénicas |
Fundación | 1983 |
Empresa editora | Asociación Cultural Entre Bambalinas |
Lingua | Galego |
Localidade | Cangas do Morrazo |
Ámbito | ![]() |
Periodicidade | Trimestral |
Prezo | 6-7€ |
Contido | Entrevistas, Reportaxes, Crítica |
Predecesor | Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega |
Na rede | |
http://www.erreguete.gal |
É publicada por unha asociación sen ánimo de lucro con sede en Cangas do Morrazo, onde tamén posúe o Fondo Teatral María Casares dentro da Biblioteca Pública do Concello. O seu financiamento depende das vendas da revista e das subscricións anuais. Participa en diversas convocatorias de premios de textos dramáticos, banda deseñada e iniciativas de difusión e intercambio de coñecementos con outras revistas do mesmo tipo, non só no ámbito de Galicia senón tamén no de Portugal[1][2].
Nos últimos anos ten comezado a súa transformación en revista dixital, renovando para iso a súa imaxe e tamén actualizando o seu deseño impreso. Actualmente conviven as dúas vertentes.
NotasEditar
- ↑ "Formación de públicos - Erregueté". Erregueté. Consultado o 2018-05-23.
- ↑ "Encontro Ibérico de Revistas - Erregueté". Erregueté. Consultado o 2018-05-23.