AveLina Pérez
creadora escénica galega
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Avelina Pérez.
Avelina Pérez Pérez, máis coñecida como AveLina Pérez, nada en Oia en 1969, é unha escritora e creadora escénica galega.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 ![]() Oia, España ![]() |
Educación | Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, director teatral ![]() |
Premios | |
Sitio web | avelinaperez.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFormouse en interpretación na Escola Santart de Santiago de Compostela e en dirección de escena e dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.[1] Dirixe a compañía teatral Teatro do Lume.[2]
Obra
editar- Vaquedás, 2006
- A que non podes dicir cocacola?, 2011
- Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, 2013
- Silencio, 2014
- El arte de vivir, 2014
- Non teño espello no baño, 2015
- Eu controlo, 2015
- Punto de vista, 2016
- Os cans non comprenden a Kandinsky, 2016
- Os arroaces son animais sucios e desesperados, 2017
- Honey rose, 2017
- Ás oito da tarde, cando morren as nais (2019). Xerais, Biblioteca Dramática Galega. 56 páxs. ISBN 978-84-9121-530-1.[3]
- Ese silencio (2021). Edicións Positivas. 46 páxs. ISBN 978-84-123257-4-4
Recoñecementos
editar- III Concurso de Radio Teatro Carlos Pérez Uralde do País Vasco 2015 en 2015 pola radionovela El arte de vivir .[4]
- Premio da audiencia do certame de Radioteatro do Diario Cultural Radio Galega en 2015 e 2017 polas obras Alianzas e Non teño espello no baño.
- XIII Premio Abrente da MIT de Ribadavia en 2018 co texto O día no que bicar a terra.[5]
- XXIV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais en 2018 con Ás oito da tarde, cando morren as nais.
- XXVII Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais en 2024 con Incidencia muller pedra.[6]
Notas
editar- ↑ Avelina Pérez, en Contexto Teatral (en castelán).
- ↑ "AveLina Pérez e Paula Carballeira gañan os premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María da Agadic". Agadic. 15 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2018. Consultado o 15 de novembro de 2018.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-05-07.
- ↑ "Radioteatro 2015". EITB.
- ↑ "Avelina Pérez gaña o XIII Premio Abrente". Erregueté. 20 de xullo de 2018.
- ↑ "Avelina Pérez, Carlos Labraña e Andrea Cid, premios de literatura dramática". Nós Diario. 2024-11-12. Consultado o 2024-11-13.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: AveLina Pérez |
Ligazóns externas
editar- AveLina Pérez en Contexto Teatral
- Becerra, Afonso (18-02-2017). "Crónica sobre un espectáculo que no he visto. Los perros, Kandinsky y Avelina Pérez", Artezblai. El periódico de las artes escénicas.
- Becerra, Afonso (9-07-2017). "Los perros no comprenden a Kandinsky pero sí a AveLina Pérez", Artezblai. El periódico de las artes escénicas.
- Pagán, Alberte (7-01-2018). "Os cans non comprenden a Kandinsky", Café Barbantia.