Wajdi Mouawad

actor, escritor e director teatral canadense

Wajdi Mouawad, nado en Beirut o 16 de outubro de 1968, é un escritor, actor e director de teatro canadense.

Wajdi Mouawad
Nacemento16 de outubro de 1968
Lugar de nacementoDair al-Qamar
NacionalidadeLíbano e Canadá
Alma máterNational Theatre School of Canada
Ocupaciónactor, dramaturgo, escritor, director de cinema, guionista, guitarrista, batería e director
Premioscabaleiro da orde das Artes e as Letras, Oficial da Ordem do Canadá, Knight of the National Order of Quebec, Grand prix du théâtre, Governor General's Literary Awards, European Dramatist Award e sen etiquetar
Na rede
http://www.wajdimouawad.fr/
IMDB: nm1416431 Allocine: 426158 Allmovie: p414683 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Naceu no seo dunha familia libanesa cristián-maronita. Os seus pais fuxiron do Líbano a París, Francia, en 1977 por mor dos conflitos civís que arrasaron o país até a década de 1990. Cinco anos máis tarde, en 1983, estabelecéronse no Quebec. É diplomado en 1991 pola Escola Nacional de Teatro do Canadá. De 2000 a 2004, dirixe o Teatro de Quat'Sous de Montreal e en 2005, funda as compañías de creación "Au carré de l'hypoténuse", en Francia, e "Abé carré cé carré" en Montreal con Emmanuel Schwartz.

Alcanzou renome internacional tralo éxito da súa tetraloxía Le sang des promesses (Forêts, Littoral, Incendies, Ciels), escrita e dirixida por el.

En 2009, foi o artista asociado do Festival de Avignon e recibiu o Gran premio do teatro da Academia francesa polo conxunto da súa obra dramática. De 2007 a 2012 foi director artístico do Teatro Francés do National Arts Center (NAC) (en inglés) ou Centre National deas Arts (CNA) (en francés) de Otava.[1] Naqueles anos, foi asociado do Espace Malraux de Chambéry (Francia) coa súa compañía francesa, Au carré de l’hypoténuse, creada en 2005 á vez que a súa compañía quebequesa, Abé Carré Cé Carré. Foi artista asociado do teatro Le Grand T de Nantes (Francia) a partir de 2012, e dende abril de 2016 é o director do teatro nacional da Colline, en París.[2]

Notas editar

  1. Canada's National Arts Center, Media Zone, 19 de abril de 2011. Acceso 10-12-2013 (en inglés).
  2. Pour Wajdi Mouawad, l’exil s’arrête à Paris, Brigitte Salino, Le Monde, 6 de abril de 2016. Consultado o 2 de xullo de 2017.