Afonso Becerra de Becerreá
Afonso Becerra Arrojo, coñecido como Afonso Becerra de Becerreá, nado en Becerreá o 16 de abril de 1973, e un dramaturgo e director de escena galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1973 (51 anos) Becerreá, España |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo |
Premios | |
Traxectoria
editarDoutor en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona. Titulado Superior en Arte Dramática na Escola Superior d’Art Dramàtic do Institut del Teatre de Barcelona, na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia. Titulado en Interpretación polo ITAE de Asturias.[1] Exerce a docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.[2]
Dirixiu a Asociación Cultural A Pipa de Becerreá entre 1988 e 2016, onde desenvolveu diversas iniciativas relacionadas coa literatura galega e o teatro, como son as Noites Poéticas e o Certame Literario da Alta Montaña Luguesa.
En 2009 fundou, xunto á directora de escena Ana Contreras, a compañía Ónfalo Teatro.[1] Pertence ao Consello de Redacción da Erregueté e director da Revista Galega de Teatro.[3] É colaborador da revista ARTEZ e de El Periódico de las Artes Escénicas y Visuales ARTEZBLAI, tamén realiza colaboracións esporádicas na revista Primer Acto e en Tempos Novos. Foi membro da AICT (Asociación Internacional de Crítica Teatral), da ADE (Asociación de Directores de Escena). Do 2006 ao 2009 formou parte do Consello Asesor do CDG (Centro Dramático Galego).
Obras
editarTeatro
editarLibros
editar- Agnus Patris (2002). Vigo: Edicións Xerais. ISBN 84-8302-745-3 e 84-453-3327-5.
- Crio-Xénese (2007). Santiago de Compostela: Laiovento. ISBN 978-84-8487-124-X.
- Dramatículas (2010). Santiago de Compostela: Laiovento. ISBN 84-8487-199-6.
- Textículos dramáticos e posdramáticos (2013). Santiago de Compostela: Laiovento. ISBN 84-8487-237-5.
- Pandrama (2022). Santiago de Compostela: Laiovento. ISBN 978-84-8487-578-9.[4]
Publicacións en revistas
editar- Diálogo para cuatro sillas e Nó. “Estreno. Cuadernos del teatro español contemporáneo”. Vol. XXXII, No. 2. Outono 2006. Ohio Wesleyan University. Delaware, Ohio. Estados Unidos. (ISSN: 0097-8663)
- Rexurdimento. Visións dun cego. “Revista Galega de Teatro” Nº 46. A. C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra, 2006. (ISNN: 113-956 X).
- Unha rosa entre as pernas. “Casahamlet. Revista de Teatro” Nº 9. Deputación da Coruña, 2007. (D.L.: C-1152-1999).
- Burnig Bright. “Infoxove” Nº 32, decembro 2008. Xunta de Galicia. (ISSN: 1886-3035).
Ensaio
editar- O ritmo da dramaturxia. Teoría e práctica da análise rítmica (2005). Universidade da Coruña, Biblioteca-Arquivo Teatral “Francisco Pillado Mayor”. ISBN 84-9749-169-6.
- Dramaturxia. Teoría e práctica (2007). Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-453-4388-3 e 978-84-7154-016-4.
- Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro (2012). Santiago: Laiovento. ISBN 84-8487-229-0.
- Confio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática (2018). Através Editora. ISBN 978-84-16545-19-3.
- Historia da Dança contemporánea na Galiza (2021). Através Editora. ISBN 978-84-16545-52-0.[5]
Traducións
editar- Na meta, de Thomas Bernhard (2011). Difusora. Con Ana Contreras.
Obras colectivas
editar- Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario. Galaxia, 2006.
- Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, Xerais, 2007.
- Cento vinte e cinco anos de teatro en galego. Galaxia, 2007.
- Literatura dramática. Unha introdución histórica. Galaxia, 2007.
- A Coruña á luz das letras. Trifolium, 2008.
- Labras do oficio. Xesús Rábade Paredes ante 33 miradas, 2008.
- Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, Asociación de Escritores en Lingua Galega, libro electrónico.
- Banqueiros, Laiovento, 2012.
- O libro do fútbol (2023). Vigo: Galaxia.[6]
Premios
editar- Premio Álvaro Cunqueiro en 2001, por Agnus Patris, obra coa que tamén foi finalista no Premio Nacional de Literatura Dramática do Ministerio de Cultura nese mesmo 2001.
- Finalista na modalidade de Teatro dos Premios de AELG no 2008, por Crio-Xénese.
- Premio María Casares á Mellor Versión/Tradución pola obra O principio de Arquímedes, de Josep María Miró Coromina, en 2016.
- Mención Honrosa no Premio Internacional de Jornalismo Carlos Porto do Festival de Almada (Portugal) en 2020.
- Premio de Honra do FETEGA, Festival de Teatro Galego do Carballiño, Ourense, en 2020.[7]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Afonso Becerra de Becerreá". www.aelg.gal. Consultado o 2022-06-04.
- ↑ "Galaxia de autores". web.archive.org. 2009-12-18. Archived from the original on 18 de decembro de 2009. Consultado o 2022-06-04.
- ↑ "Afonso Becerra de Becerreá Através Editora área editorial da AGAL" (en portugués). Consultado o 2022-06-04.
- ↑ "Edicións Laiovento - PANDRAMA". laiovento.gal. Consultado o 2022-06-04.
- ↑ "HISTORIA DA DANÇA CONTEMPORÂNEA NA GALIZA". Através Editora área editorial da AGAL. Consultado o 2022-06-04.
- ↑ "O libro do fútbol". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-22.
- ↑ "Alfonso Becerra de Becerreá recibe o Premio FETEGA 2020". Diario Cultural. 2020-09-22. Consultado o 2022-06-04.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Becerra Arrojo, Afonso". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 62. ISBN 84-8064-113-4.