Revista Galega de Teatro

revista galega de artes escénicas
(Redirección desde «Erregueté»)

erregueté | Revista Galega de Teatro é unha publicación periódica galega dedicada ás artes escénicas activa desde 1983. A súa orixe está no Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega, publicado pola sección viguesa desta escola, cuxo nome se transformaría en diversas ocasións ata a marca actual que é erregueté. Nela publícanse reportaxes de actualidade, entrevistas aos diversos actores da industria cultural galega e críticas de espectáculos da temporada presente.

Revista Galega de Teatro
Revista Galega de Teatro
TipoRevista de Artes Escénicas
FundaciónNovembro de 1983
Empresa editoraA. C. Entre Bambalinas
DirectorAfonso Becerra de Becerreá
LinguaGalego
LocalidadeCangas do Morrazo
ÁmbitoGalicia Galicia
PeriodicidadeSemestral e online
ContidoArtes Escénicas, Teatro, Danza, Circo, Monicreques
PredecesorBoletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega
Na rede
http://www.erreguete.gal
editar datos en Wikidata ]

É publicada pola asociación sen ánimo de lucro Entre Bambalinas, con sede en Cangas do Morrazo, onde tamén posúe o Fondo Teatral María Casares dentro da Biblioteca Pública do Concello. O seu financiamento depende da publicidade, das colaboracións con institucións, das subscricións anuais e da venda de revistas e libros . Participa en diversas convocatorias de premios de textos dramáticos e iniciativas de difusión e intercambio de coñecementos con outras revistas do mesmo tipo, non só no ámbito de Galicia senón tamén de Portugal[1][2] e do resto de España.

Dende 2018, a revista aposta decididamente pola edición dixital, renovando para iso a súa imaxe, actualizando o deseño impreso e mantendo a oferta de contidos dixitais de actualidade, crítica, opinión e axenda de eventos.

Historia

editar

A erregueté | Revista Galega de Teatro ten un prehistoria que hai que buscar no Boletín de Información Teatral da Escola Dramática Galega cuxo número 0 aparece en Vigo en 1983. Dito Boletín que pasou a denominarse Boletín de Información Teatral para mudar pouco despois a Información Teatral e máis tarde en Información Teatral – Revista Galega de Teatro converteuse, definitivamente, desde o número 07, en Revista Galega de Teatro.

Esta metamorfose que acabou por ser a erregueté | Revista Galega de Teatro, estivo sempre guiada polo obxectivo de “dar un paso máis no camiño da normalización teatral en Galicia”, tal e como se pode ler no seu número 0. Normalización que consistía e consiste aínda hoxe en informar sobre a actividade teatral do país e do resto do mundo en lingua galega. Hai polo tanto unha continuidade na liña programática entre aquel primeiro Boletín de oito páxinas aparecido no “século pasado” e os últimos números da erregueté, única publicación periódica dedicada ás artes escénicas en Galicia.

A Revista Galega de Teatro constitúe unha permanente chamada á reflexión crítica sobre o curso das Artes Escénicas en Galicia, sen prescindir dunha insaciable curiosidade por calquera aspecto de interese relacionado co teatro internacional. Así, dúas son as funcións principais da erregueté: contribuír a escribir a historia e preservar a memoria das artes escénicas en galego; e servir de ponte entre público e creación, entre territorios e entre disciplinas.

Colección de dramaturxia contemporánea

editar

Desde o número 8 a erregueté edita textos de dramaturxia contemporánea, inicialmente entre as súas páxinas impresas e máis recentemente en formato libro. Nestes 40 anos de historia, a nómina de autoras e autores editados en lingua galega e portuguesa é tan extensa como relevante: os galegos e galegas Roberto Vidal Bolaño, Dorotea Bárcena, Jenaro Marinhas del Valle, María Xosé Queizán, Euloxio R. Ruibal, Manuel Lourenzo, Raúl Dans, Xesús Pisón, Cándido Pazó, Xosé Manuel Pazos, Vanesa Sotelo, Santiago Cortegoso, Ernesto Is, Clara Gayo, Fran Godón, AveLina Pérez..., as dramaturgas e dramaturgos doutras comunidades como Itziar Pascual, Juan Mayorga, Josep Maria Miró, Carles Batlle, Ignacio García May..., os portugueses e portuguesas Abel Neves, José Maria Vieira Mendes, Marta Freitas, Ricardo Cabaça e Joana Craveiro, algúns clásicos como Ruteboeuf, Bertolt Brecht e Alfred Jarry, estranxeiras e estranxeiros como Asja Srnec, Jacques Prévert, Michel Azama, e Wajdi Mouawad... unha verdadeira mostra do teatro contemporáneo universal, feita con rigor e un grande sacrificio de procura, tradución e edición.

Ademais, a partir do número 50, a revista publica ao gañador ou gañadora do Premi Born de Teatro, na actualidade, un dos premios máis relevantes da dramaturxia en España e que cada ano celebra un concurso no que se presentan obras en todas as linguas do estado.

Premios e recoñecementos

editar

Ao longo da súa traxectoria, a revista recibiu os seguintes premios e recoñecementos:

Composición organizativa

editar
  1. "Formación de públicos - Erregueté". Erregueté. Consultado o 2018-05-23. 
  2. "Encontro Ibérico de Revistas - Erregueté". Erregueté. Consultado o 2018-05-23. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar