Itziar Pascual Ortiz

dramaturga española

Itziar Pascual Ortiz, nada en Madrid o 13 de maio de 1967, é unha dramaturga española. En 2013 gañou a VII edición do Certame Internacional Leopoldo Alas Mínguez (LAM) da Fundación SGAE, para textos teatrais sobre a comunidade de Lesbianas, Gais, Transexuais, Bisexuais. Intersexuais e Queer (LGTBIQ) coa obra de teatro EUDY.[1]

Infotaula de personaItziar Pascual Ortiz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de maio de 1967 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDrama, pedagoxía e xornalismo de opinión Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndramaturga , pedagoga , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

BNE: XX985321 Dialnet: 2550652

Traxectoria

editar

Pascual doutorouse na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, tamén é licenciada en Dramaturxia pola Real Escola Superior de Arte Dramática (RESAD). Desde 1999, traballa como profesora de Literatura Dramática e Dramaturxia na RESAD. Ademais, desenvolveu o seu traballo como xornalista en diferentes medios como a Cadena SER, en prensa escrita sobre todo en revistas teatrais especializadas como El Público, Primer Acto, Revista ADE-Teatro, Acotaciones e Las Puertas del Drama.[2][3]

Foi asistente de dirección en dúas obras do director teatral Guillermo Heras no Centro Nacional de Novas Tendencias Escénicas: Como los griegos, de Steven Berkoff e Nosferatu de Francisco Nieva. Foi presidenta, entre 2000 e 2003, de Marías Guerreras, Asociación de Mujeres en las Artes Escénicas de Madrid (AMAEM), entidade da que é socia fundadora e na que realizou a edición do volume I Ciclo de las Marías Guerreras na Casa de América en Madrid.[4][5]

Premios e recoñecementos

editar

Pascual, con máis de cincuenta obras teatrais escritas, foi galardoada en 2007 co Premio Vitoria Kent na súa XVII edición pola obra Un escenario de mujeres invisibles? El caso de las Marías Guerreras, que foi publicada pola Universidade de Málaga (UMA).[6]

En 2013, gañou o premio anual Leopoldo Alas Mínguez (Premio LAM) por Eudy[1], unha obra que conta a vida da futbolista da selección feminina de Suráfrica Eudy Simelane, loitadora polos dereitos do colectivo LGTB, que foi asasinada e violada en 2008 por 20 homes. O Premio LAM é organizado anualmente pola Fundación SGAE e a Asociación Cultural Visible para estimular a creación teatral contemporánea en lingua española do colectivo LGTBIQ. Ao mesmo tempo, é unha homenaxe ao escritor e xornalista rioxano Leopoldo Alas Mínguez, referente cultural do colectivo LGTBI, falecido en Madrid en 2008.[7] Á parte da dotación económica, as obras son incluídas nas Lecturas Dramatizadas do Ciclo SGAE e publícanse na serie editorial Premios LAM que edita a Fundación SGAE.

Tamén escribiu en 2013 Un aroma de vainilla, obra gañadora do Premio do XXIV Certame de Textos Teatrais para Público Infantil da Escola Navarra de Teatro de Pamplona. Esta obra publicouse xunto con outro dos seus textos titulado Ainhara no ano 2015, un poema dramático que gañou o Premio Morales Martínez para Textos Infantís.[8]. Seguiulle La vida de los salmones no ano 2015, que conseguiu o Premio SGAE de Teatro Infantil.[9]

No ano 2016 comezou a súa colaboración de escritura teatral xunto á actriz e dramaturga Amaranta Osorio. Primeiro coa obra Moje Holka, Moje Holka,[10] gañadora do Premio Jesús Domínguez da Deputación de Huelva. Un ano despois, en 2017, con Click. Cuando todo cambia,[11] Pascual foi galardoada co Premio Fundación Teatro Calderón de Literatura Dramática.[12]

  1. 1,0 1,1 "Itziar Pascual gana premio Leopoldo Alas Mínguez con la obra de teatro "Eudy"". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2018-10-12. 
  2. "Investigaciones Feministas". www.ucm.es (en castelán). Consultado o 2018-10-12. 
  3. "Profesora del Departamento de escritura y ciencias Teatrales". 
  4. "Marías Guerreras AMAEM, Asociación de Mujeres de las Artes Escénicas en Madrid - KIPDF.COM". kipdf.com (en inglés). Consultado o 2018-10-12. 
  5. "Mujeres en las artes" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2018. 
  6. "Premio Victoria Kent: Historia". 
  7. "Único en el mundo". El Huffington Post (en castelán). 2014-12-03. Consultado o 2018-10-12. 
  8. Hoy, Lucena. "Antonio Salas Tejada e Itziar Pascual, ganadores del concurso de textos teatrales “Luis Barahona de Soto” 2015". Lucena Hoy (en castelán). Consultado o 2018-10-12. 
  9. "La Fundación SGAE publica los Premios SGAE de Teatro 2015". www5.sgae.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-12. 
  10. "Diputación de Huelva :: Amaranta Osorio e Itziar Pascual reciben el VII Premio Jesús Domínguez por su obra Moje Holka, moje Holka". Diputación de Huelva (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-12. 
  11. Valladolid, Diario de. "Amaranta Osorio e Itziar Pascual se alzan con el II Premio Fundación Teatro Calderón de Literatura Dramática". Diario de Valladolid (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-12. 
  12. Comunicaciones, Divisa Informática y. "Fundación Teatro Calderón". Ayuntamiento de Valladolid (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-12. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar