Manuel Peña-Rey Bouzas
Manuel Peña-Rey Bouzas, nado en Ourense o 4 de marzo de 1938, é un médico e político galego.
Manuel Peña-Rey Bouzas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 4 de marzo de 1938 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Nacionalidade | España |
Ocupación | médico e político |
Pai | Manuel Peña Rey |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Fillo de Manuel Peña Rey. Militante do Partido Comunista de España, durante o franquismo foi detido en abril de 1971 acusado de propaganda ilegal e de pertencer a Comisións Obreiras xunto con Carlos Barros, Augusto Valencia Teijeiro, Antonio Estévez García, Rafael Blanco Pérez, Miguel Domínguez Vaz, Sergio Sandoval Bahamonde, Antonio Pérez Barreiros, Camilo de Dios Fernández e Norberto Salgado Lorenzo.[1] Foi procesado e expulsado do traballo no Hospital Médico Provincial de Ourense. Nas eleccións de 1977 encabezou a candidatura do PCE pola provincia de Ourense, pero non resultou elixido.[2] Foi secretario xeral do Partido Comunista de Galicia (1995-2000) e actualmente é o presidente de honra do PCG.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Peña-Rey Bouzas |
Ligazóns externas editar
- Elisabet Fernández (20 de novembro de 2019). "Manuel Peña-Rey: "El mundo solo puede tener solución con el comunismo"". La Región.