Manuel Peña Rey

médico e político galego

Manuel Peña Rey, nado en San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade) o 7 de xuño de 1899 e finado en Ourense o 30 de abril de 1957, foi un médico e político galego.

Modelo:BiografíaManuel Peña Rey

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1899 Editar o valor en Wikidata
San Xurxo de Sacos, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de abril de 1957 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de San Francisco de Ourense Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosManuel Peña-Rey Bouzas Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 4826

Traxectoria

editar
 
1933, Ourense. Banquete galeguista en homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Vicente Risco, Ramiro Isla Couto, Leuter González, Álvaro Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xohán Luís Ramos Colemán e Manuel Peña Rey.

Estudou o bacharelato en Pontevedra. Licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1915. Especializouse en xinecóloxía e foi discípulo de Manuel Varela Radío. Estableceuse en 1918 en Ourense, onde abriu catro anos despois o primeiro sanatorio da provincia. Durante a Segunda República Española foi director do Hospital Provincial (1931-1934) e presidente do Colexio de Médicos. Militante galeguista, chegou a presidir o Partido Nacionalista Republicano de Ourense (PNRO). Fixo campaña pola Fronte Popular nas eleccións de 1936, e ese mesmo ano volveu ser director do Hospital Provincial.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído en agosto xunto con Vázquez de Parga. Estivo encarcerado no Carballiño e tardou máis de 8 anos en ser rehabilitado.[1] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[2]

Vida persoal

editar

Casou en Viascón con Celia Bouzas Barreiro en 1912,[3] e foi pai de María Esther, Marina, Celia, María de los Ángeles e Manuel Peña-Rey Bouzas, histórico dirixente do Partido Comunista de Galicia.[4]

  1. Opinión Gallega, 185, xuño-1958, p. 4-5.
  2. BOE, 29-1-1941, p. 464,
  3. La Correspondencia Gallega, 1-7-1912, p. 2.
  4. "Manuel Peña-Rey, Premio 10 de Marzo por "unha referencia ética no plano profesional e político"". 11 de marzo de 2016. Consultado o 10 de maio de 2019. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar