Manuel Luís Acuña

xornalista e poeta galego

Manuel Luís Acuña Sarmiento, nado en Sobrado (A Pobra de Trives) o 3 de outubro de 1899 e finado en Ourense o 19 de agosto de 1975, foi un xornalista e poeta galego.

Manuel Luís Acuña
Manuel Luís Acuña 1934.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1934.
Nacemento3 de outubro de 1899
Lugar de nacementoSobrado
Falecemento19 de agosto de 1975
Lugar de falecementoOurense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
1933, Ourense. Banquete galeguista homenaxe a Emilia Docet e a Manuel Luís Acuña. Na foto, entre outros: Risco, Ramiro Isla, Leuter González, Cunqueiro, Otero Pedrayo, María Luz Morales, Blanco Amor, Xoán L. Ramos Colemán e Manuel Peña Rei.

Fillo e neto de mestres, en 1920 trasladouse a Allariz coa familia. Tras facer maxisterio por libre, ingresou en 1928 no Corpo Nacional de Maxisterio, e exerceu en Ourense, A Coruña e Madrid. Na Coruña foi profesor da Escola de Insiño Galego creada polas Irmandades da Fala.[1] Codirixiu con Xohán Luís Ramos Colemán a páxina cultural "Viernes Literarios" de La Región e foi membro do consello de redacción de Escuela del Trabajo.

Militante do Partido Galeguista, trala Guerra Civil española foi vítima da depuración franquista do maxisterio, polo que se viu obrigado a dedicarse ao ensino privado.

Integrante da Xeración do 31, é autor dun único libro, Fírgoas, publicado pola editorial Nós en 1933.[2] A comezos do século XXI, entre 2002 e 2003, foi incluído na Biblioteca Galega 120.

Galería de imaxesEditar

Retrato en Vida Gallega, 1929. 
A Manuel Luís Acuña na Pobra de Trives. 

NotasEditar

  1. Ínsua, Emilio Xosé (venres, 6 de maio de 2016). "As “Escolas do Insiño Galego”: unha experiencia pedagóxica das Irmandades da Fala". A Ínsua do Ínsua. Consultado o 2022-07-19. 
  2. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar