Sergio Sandoval Bahamonde

sindicalista e político galego

Sergio Sandoval Bahamonde, nado en Monterrei, foi un sindicalista e político galego.

Infotaula de personaSergio Sandoval Bahamonde
Biografía
NacementoMonterrei Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Vilaza, foi tenente alcalde de Monterrei e presidente da Sociedade Agraria de Vilaza da UGT. Interveu nos Xurados mixtos de Traballo. Foi detido en Ourense en febreiro de 1936 xunto con outros conveciños de Vilaza.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil o 15 de xaneiro de 1937 e ingresou no cárcere de Verín como detido gobernativo. Tres meses despois foi posto en liberdad sen cargos, regresando a Vilaza ata que a súa su quinta foi mobilizada. Fuxiu a finais de 1937 a Cambedo. O 3 de maio de 1946 foi entregado pola Garda Republicana portuguesa no posto de Feces de Abaixo por indocumentado, instruíndose unha pormenorizada investigación sobre as súas acciones que finalmente rematou sobresida.

Militante do Partido Comunista de España dende os anos corenta, foi detido en abril de 1971 acusado de propaganda ilegal e de pertencer a Comisións Obreiras xunto con Carlos Barros, Manuel Peña-Rey Bouzas, Augusto Valencia Teijeiro, Antonio Estévez García, Rafael Blanco Pérez, Miguel Domínguez Vaz, Antonio Pérez Barreiros, Camilo de Dios Fernández e Norberto Salgado Lorenzo.[2] Participou nos actos do PCE na campaña para as eleccións xerais de 1977.[3]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 19-2-1936, p. 13.
  2. "Diez detenidos en Orense acusados de pertenecer a las Comisiones Obreras", La Voz de Galicia, 28-4-1971, p. 8.
  3. El Pueblo Gallego, 21-5-1977, p. 20.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar