Abrir o menú principal

Vilaza, Monterrei

San Salvador de Vilaza é unha parroquia do concello ourensán de Monterrei na comarca de Verín. No ano 2007 tiña 601 habitantes (289 homes e 312 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 41 habitantes en relación ao ano 2000.

Vilaza
Torre de Vilaza, Monterrei.jpg
Torre de Vilaza.
ConcelloMonterrei
Poboación514 hab. (2017)
Entidades de poboación2

HistoriaEditar

Apareceron restos romanos na capela do lugar, así como sinais de ser terras pertencentes á Orde dos Templarios, de onde dataría a capela de estilo románico maila súa torre estilo normanda. Na Idade Moderna deuse aquí a Batalla de Vilaza en que as tropas galegas venceron ás tropas portuguesas no contexto da Guerra de Restauración Portuguesa. En 1664 a aldea foi saqueada polo exército portugués do Gobernador de tras os Montes que buscaba alixeirar o asedio de galego sobre Goián.

Existía un manancial de augas minero medicinais bicarbonatadas sódico-litínicas, que foi denunciado por Jacinto Becerra Romero. En 1900 foron declaradas de utilidade pública, e en 1907 obtiveron a medalla de ouro da Exposición de Madrid. Comercializouse como Agua de Villaza por Hijos de Jacinto Becerra e despois por Viuda é Hijos de Juan Fuentes Pérez, banqueiros de Ourense.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar