Bipartito galego

goberno en coalición da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009

O bipartito galego, tamén coñecido como goberno bipartito, foi unha forma de goberno en coalición da Xunta de Galicia durante o período comprendido entre o 2 de agosto de 2005 e o 16 de abril de 2009 entre o PSdeG-PSOE e o Bloque Nacionalista Galego, caracterizado polo repartimento entre ambas forzas políticas e mediante convenio dos diferentes organismos públicos administrativos que a compoñen.

Emilio Pérez Touriño.
Anxo Quintana.

A coalición de goberno entre socialistas e nacionalistas galegos foi posible tras coñecerse os resultados das eleccións autonómicas de xuño de 2005, que deron o seguinte resultado:

  • PPdG: 756.562 votos (45,81%) e 37 escanos
  • PSdeG-PSOE: 555.603 votos (33,64%) e 25 escanos
  • BNG: 311.954 votos (18,89%) e 13 escanos

Composición das consellerías por partidos editar

PSdG-PSOE:

BNG: