Consello Consultivo de Galicia
O Consello Consultivo de Galicia, creado pola Lei 9/1995, do 10 de novembro, e regulado na actualidade pola Lei 3/2014, do 24 de abril, é o supremo órgano consultivo de Galicia, e actúa de xeito independente. Ten a súa sede no pazo de Amarante na rúa da Algalia de Abaixo en Santiago de Compostela.[1]
Funcións
editarO Consello Consultivo de Galicia emite ditame en cantos asuntos, relativos ás materias sexan sometidos á súa consulta pola Presidencia da Xunta de Galicia, o Consello da Xunta ou calquera das persoas que forman parte del, as administracións do sector público autonómico, as entidades locais e as universidades públicas de Galicia.
No desempeño da súa función ditaminadora exerce o control previo do rigor técnico xurídico das actuacións do órgano consultante, velando do ordenamento xurídico, sen estenderse en valoracións de oportunidade ou conveniencia, agás que así o solicite expresamente o órgano consultante. A consulta ao Consello Consultivo de Galicia é preceptiva en determinados casos, porén os seus ditames non serán vinculantes. Por outra banda, o Consello da Xunta poderá encomendar ao Consello Consultivo a redacción de anteproxectos lexislativos e a elaboración de propostas lexislativas ou de reforma estatutaria. A súa realización deberá axustarse estritamente ao ámbito delimitado polos criterios expresados polo Consello da Xunta. Poderá tamén a Presidencia da Xunta de Galicia solicitar do Consello Consultivo a emisión de informes sobre calquera cuestión concreta cando sexan de transcendencia para a Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, os alcaldes e presidentes de deputacións provinciais poden solicitar do Consello Consultivo a emisión de informes sobre cuestións concretas de especial transcendencia.[2]
Existen dúas categorías de conselleiros os electivos e os natos, teñen carácter nato os expresidentes da Xunta de Galicia.
O seu actual presidente é José Luis Costa Pillado
Presidente | José Luis Costa Pillado |
Conselleiros/as: | Ignacio de Loyola Aranguren Pérez |
Alberte Souto Souto | |
José Antonio Fernández Vázquez | |
Nora María Martínez Yáñez | |
Secretaría Xeral: | José Ángel Oreiro Romar |
Dende o 2017 non hai membros natos no consello. Previamente serviran coma tales os expresidentes Xerardo Fernández Albor (2007-2017), Emilio Pérez Touriño (2010-2016) e Fernando González Laxe (2008-2009 e 2012-2017)[4]
Notas
editar- ↑ "Consello Consultivo de Galicia · Sede". ccgalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-14.
- ↑ "Consello Consultivo de Galicia · Qué e o Consello Consultivo de Galicia". ccgalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-14.
- ↑ "O Consello - Consello Consultivo". ccgalicia.es. Consultado o 2023-06-16.
- ↑ "O Consello Consultivo de Galicia - 25 anos de actividade" (PDF). p. 44.