Alberte Souto Souto
político galego
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2024.) |
Alberte Souto Souto, nado en San Sadurniño en 1971, é un avogado e político nacionalista galego, pertencente ao BNG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1971 (52/53 anos) San Sadurniño, España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
editarNado en 1971 en San Sadurniño, licénciase en Dereito e desempeña o posto de avogado pertencente ao Colexio de Avogados de Ferrol. Durante o período 1996 a 1999 exerceu como avogado especializado en asuntos agrarios e como asesor xurídico do Sindicato Labrego Galego. Tamén foi asesor dos grupos parlamentarios do BNG no Congreso dos Deputados, no Senado e no Parlamento de Galicia, así como da Fundación Galiza Sempre.
Ocupou o cargo de secretario xeral da Consellería do Medio Rural desde agosto de 2005 a abril de 2009. É membro da Comisión de Garantías do BNG. É conselleiro do Consello Consultivo de Galicia.