Alfonso Sánchez Izquierdo

xornalista galego


Alfonso Sánchez Izquierdo, nado en Sidi-Ifni (Marrocos) o 22 de febreiro de 1949[1], é un xornalista galego director xeral da Corporación de Radio Televisión de Galicia.[2]

Infotaula de personaAlfonso Sánchez Izquierdo
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Sidi Ifni, Marrocos Editar o valor em Wikidata
Wikidata:Tours/ca (en) Traducir
2008 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscuela Oficial de Periodismo (en) Traducir
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCorporación de Radio e Televisión de Galicia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3901811

Traxectoria editar

Titulado en Ciencias da Información na Escuela de Periodismo de Madrid (1973), licenciado en Dereito (1978) na Universidade Complutense de Madrid e titulado en Socioloxía polo Instituto León XIII. Comezou a súa carreira como xornalista como correspondente da Axencia EFE en Estados Unidos. En 1973 incorporouse, como redactor, ao xornal ourensán La Región, do que chegou a ser director, e ao cal se mantivo vinculado profesionalmente durante 35 anos.[3] Coa expansión do Grupo La Región, ocupou tamén outros postos de responsabilidade. Así, foi conselleiro delegado do xornal Atlántico Diario de Vigo (1987), da Axencia Galega de Noticias (1990) e presidente e conselleiro delegado de Telemiño.

No ano 2005 foi galardoado co premio Diego Bernal, da Asociación de Xornalistas de Galicia.

En xullo de 2008, Sánchez Izquierdo deixou a dirección de La Región e foi substituído no cargo por Xosé Manuel Pastoriza[4]. No curso académico 2008-09 dedicouse a labores de investigación e innovación e a impartir docencia, como profesor asociado, na materia de Xestión da Empresa Informativa da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Dende o ano 2008 tamén deu aulas de Programación e Técnicas de Relacións Públicas na Universidade de Vigo e exerceu de socio conselleiro de Acioavia Wises, S.L.. En 2008 foi nomeado presidente da Asociación Galega de Xestión da Comunicación.

En maio de 2009 foi nomeado Director Xeral da CRTVG[5], e en novembro dese ano foi nomeado presidente da FORTA[6].

É coautor dos libros Diálogo Social en Galicia (2008) e Vintacinco anos de autonomía de Galicia (2005). Tamén presidiu a comisión de medios de comunicación do Plan de normalización lingüística de Galicia.

Notas editar