Nava Castro
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
María Nava Castro Domínguez, nada en Ponteareas o 6 de marzo de 1969, é unha política galega do PPdeG. Foi alcaldesa de Ponteareas entre o 2000 e 2003. Dende o 2013 é a directora de Turismo de Galicia.
Nava Castro | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de marzo de 1969 |
Lugar de nacemento | Ponteareas |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Filla de José Castro Álvarez. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid. Foi tenente de alcalde do concello de Ponteareas, Concelleira de Economía e Facenda e de Servizos Sociais. En setembro de 1998 entrou no Parlamento de Galicia substituíndo a Pablo Crespo.
Cando o seu pai José Castro Álvarez foi condenado por corrupción (falsidade documental e prevaricación) substituíno como alcaldesa de Ponteareas.[1][2] Cando o seu pai formou o seu propio partido, Unión Condado-Paradanta (UCPA) que concorreu ás eleccións municipais de 2003 presentou á candidatura á súa filla, Nava Castro. En 2008 o partido disolveuse e integrouse no Partido Popular.[3]
Nas eleccións xerais de 2008 foi elixida deputada polo Partido Popular pola provincia de Pontevedra. Renunciou en maio de 2009. Foi Directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e, dende o 17 de xaneiro de 2013, secretaria xeral de Turismo da Xunta,[4] posto que posteriormente se renomeou como directora.[5][6]
NotasEditar
- ↑ Tres años de cárcel para el alcalde de Ponteareas (29-5-1997). El País. Consultado el 10-3-2013.
- ↑ "José Castro Álvarez perpetúa su dinastía al traspasar la alcaldía a una de sus hijas, Nava Castro Domínguez". Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2014. Consultado o 05 de marzo de 2014.
- ↑ UCPA se disuelve y se integra en el Partido Popular para que Nava Castro sea diputada en Madrid
- ↑ Nava Castro releva a Pardo como secretaria xeral de Turismo
- ↑ Estrutura da Presidencia da Xunta
- ↑ "MDiego Gago y Nava Castro apuntan a la lista con Pastor". Atlántico Diario (en castellano). Consultado o 20 de marzo de 2019.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nava Castro |
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
Predecesor: José Castro Álvarez |
Alcaldesa de Ponteareas 2000 - 2003 |
Sucesor: Francisco Candeira |