Abrir o menú principal

Wilco é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Chicago, Illinois no ano 1994. O grupo formárono os membros da banda de country alternativo Uncle Tupelo, despois da saída do seu vocalista Jay Farrar. Os seus membros cambiaron frecuentemente, permanecendo só o vocalista Jeff Tweedy e o baixista John Stirratt da súa formación orixinal. Dende o ano 2004, os outros membros son o guitarrista Nels Cline, os multi-instrumentistas Pat Sansone e Mikael Jorgensen e o batería Glenn Kotche.

Wilco
Wilco.jpg
Wilco actuando no Austin City Limits Music Festival, en setembro de 2004.
OrixeChicago, Illinois, Flag of the United States.svg
Período1994 - presente
Xénero(s)rock alternativo, country alternativo, folk rock, rock experimental
Selo(s) discográfico(s)dBpm Records, Nonesuch, Reprise
MembrosJeff Tweedy
John Stirratt
Nels Cline
Glenn Kotche
Pat Sansone
Mikael Jorgensen
Antigos membrosLeroy Bach
Max Johnston
Jay Bennett
Bob Egan
Ken Coomer
Páxina webhttp://www.wilcoworld.net/

A música de Wilco foi inspirada por unha gran variedade de artistas e estilos, e converteuse en influencia dun bo número de grupos de rock alternativo actuais. No seu álbum de estrea Wilco continuou o son country alternativo de Uncle Tupelo, pero dende entón introduciron máis experimentación á súa música, incluíndo elementos do rock alternativo e do pop clásico.

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Nome Data de lanzamento Selo
A.M. 28 de marzo de 1995 Sire/Reprise
Being There 29 de outubro de 1996 Reprise Records
Summerteeth 9 de marzo de 1999 Reprise Records
Yankee Hotel Foxtrot 18 de setembro de 2002 Nonesuch Records
A Ghost Is Born 22 de xuño de 2004 Nonesuch Records
Sky Blue Sky 15 de maio de 2007 Nonesuch Records
Wilco (The Album) 30 de xuño de 2009 Nonesuch Records
The Whole Love 27 de setembro de 2011 dBpm
Star Wars 16 de xullo de 2015 dBpm
Schmilco 9 de setembro de 2016 dBpm

EPsEditar

Álbums ao vivoEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar