Sky Blue Sky
Sky Blue Sky é o sexto álbum da banda estadounidense de rock alternativo Wilco, publicado o 15 de maio do 2007 a través do selo Nonesuch Records. Foi o primeiro disco de estudio do grupo co guitarrista Nels Cline e co multiinstrumentista Pat Sansone. Tras o seu lanzamento, a banda puxo en streaming o álbum na súa páxina web oficial e ofreceu a descarga gratuíta do tema "What Light".
Sky Blue Sky | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Wilco | ||||
Publicado | 2007 | |||
Gravación | novembro do 2006 - xaneiro do 2007 | |||
Estudio(s) | The Wilco Loft, Irving Park, Chicago | |||
Duración | 50:56 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, country alternativo, folk rock | |||
Selo(s) | Nonesuch Records | |||
Produtor | Wilco | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Sky Blue Sky foi o disco de Wilco que máis alto chegou na lista Billboard 200, acadando o número 4. O álbum recibiu polo xeral críticas moi favorables. Publicacións como PopMatters e Rolling Stone loubaron a súa madurez, mentres que PlayLouder e Pitchfork Media criticaron o seu son a rock clásico. Mentres que algúns críticos eloxiaron as súas letras directas, outros criicaronas comparándoas coas dos anteriores traballos da banda. Wilco permitiu o uso de seis temas de Sky Blue Sky nunha campaña publicitaria de Wolkswagen, un movemento que xerou críticas por parte dos seareiros e os medios.
Produción
editarEn abril do 2006 Wilco aínda estaba de xira promocionando o seu álbum de estudio máis recente, A Ghost Is Born, que fora editado no ano 2004. A banda interpretou un feixe de novas cancións durante esta parte da xira, incluídas "Walken", "Either Way" e "On and On and On". O mes seguinte, o batería Glenn Kotche mencionou a Pitchfork Media que esas novas cancións serían gravadas como demos para a edición dun novo disco. Durante un concerto o día 17 de xaneiro de 2007, o líder Jeff Tweedy anunciou que a banda publicaría o seu sexto traballo o 15 de maio dese ano a través de Nonesuch Records. O álbum foi bautizado como Sky Blue Sky, unha referencia aos recordos da infancia de Tweedy dun desfile do Memorial Day en Belleville, Illinois. Viña de St. Louis coa súa familia, pero non puido chegar á súa casa por mor do desfile, que bloqueaba a rúa principal. Isto fíxolle reflexionar sobre o seu futuro na cidades: sabía que tería que deixala cando medrase porque era demasiado pequena.
O álbum foi gravado por TJ Doherty en The Loft, en Irving Park, Chicago, onde Tweedy gravara o álbum de Loose Fur Born Again in the USA e a meirande parte do traballo de Wilco Yankee Hotel Foxtrot. Nunha entrevista á Billboard, a banda revelou que o disco sería menos experimental que os anteriores traballos, e máis influenciado polos Beatles, The Beach Boys e The Rolling Stones. Ademais, a diferenza deses traballos, este disco fíxose cunha participación mínima de Jim O'Rourke; o álbum foi producido con moi poucos overbubs.
Listaxe de cancións
editarTodos os temas compostos por Jeff Tweedy agás onde se indique.
- "Either Way" – 3:05
- "You Are My Face" (Tweedy, Cline) – 4:38
- "Impossible Germany" (Tweedy, Wilco) – 5:57
- "Sky Blue Sky" – 3:23
- "Side with the Seeds" (Tweedy, Jorgensen) – 4:15
- "Shake It Off" – 5:40
- "Please Be Patient with Me" – 3:17
- "Hate It Here" (Tweedy, Wilco) – 4:31
- "Leave Me (Like You Found Me)" – 4:09
- "Walken" (Tweedy, Wilco) – 4:26
- "What Light" – 3:35
- "On and On and On" (Tweedy, Wilco) – 4:00