Les Mains sales

obra de teatro de Jean-Paul Sartre

Les mains sales (As mans sucias) é unha obra teatral escrita por Jean-Paul Sartre en 1948. Esta obra teatral está estruturada en 7 cadros.

Les Mains sales
AutorJean-Paul Sartre
Xéneroficción política
Ano de publicaciónabril de 1948
Lugar de estreaParís
Data de estrea2 de abril de 1948
editar datos en Wikidata ]
Les Mains sales presentouse no Théâtre Antoine en 1948. Fotografía do edificio do teatro de 2007.

Resumo editar

Hugo é un mozo intelectual militante do partido comunista que sae do cárcere despois de estar dous anos condenado por asasinar a Hoederer, secretario do partido nunha misión de confianza.

Unha vez en liberdade, o primeiro que fai é ir á casa dunha amiga, chamada Olga, que tamén é militante do partido comunista e coa que mativera unha relación. Olga con desconfianza e sorprendida pola súa pronta liberdade, ábrelle a porta e deixa que entre na súa casa. Hugo conta que está seguro de que cando estaba no cárcere o intentárono matar cuns bombóns que mandaban do exterior. Estando nesta casa chegan Charles e Frantz, militantes do partido, que veñen seguindo a Hugo dende que saíu de chirona, con intención de matalo por orde de Louis, xefe do partido. Mentres tanto Hugo atópase escondido na habitación de Olga.

A continuación, entra Louis na casa. Olga dille que non poden permitirse liquidar ao rapaz sen saber se é recuperable para o Partido e intenta que lle dean unha oportunidade e non o maten aparentemente porque había certos sentimentos entre eles. Ao que Louis contesta que Hugo era un pobre anarquista indisciplinado, un intelectual que só pensaba en adoptar actitudes, un burgués que traballaba cando lle viña en gana e que deixaba o traballo por calquera cousa. Olga puntualízalle que aínda tendo 20 anos matou a Hoederer diante do seu gardacostas e que se apañou para que parecese un crime pasional e non un asasinato político. Tamén lle di que traballaba co nome falso e que, salvo dúas persoas, ninguén o coñecía.

Chegan a un pacto. Se é recuperable a porta da casa estará pechada. Se non é recuperable abrirá a porta a media noite para que acaben con el.

Cando se quedan Olga e Hugo sós, ela dille que lle conte, dende o principio, como sucedeu o de Hoederer. Empeza a contar a súa historia datada en marzo do 1943, cando traballaba nun periódico do Partido. Hugo entrou no Partido no 42 cando o Rexente declarou a guerra á URSS. Hoederer, como líder do Partido, toma a decisión de pactar coas forzas políticas, para que, unha vez acabada a guerra repartir o poder. Louis non está de acordo e decide que teñen que asasinalo, antes de que se reúna cas autoridades. É aí cando Hugo quere ter unha participación activa e ofrécese para tal acto.

Hugo acode á casa de Hoederer con Jessica, a súa muller, para traballar como secretario e así matalo. Durante os días que está na súa casa non se atreveu a matalo, ten curiosidade de coñecer as súas ideas. A súa muller parece que se sente atraída por Hoederer. Un día no que estaban falando e bebendo, chegan Karsky, secretario do Pentágono, e o príncipe Paul. Mentres están chegando a un acordo no que estes ceden ás condicións de Hoederer, Hugo protesta en voz alta porque non está de acordo e incluso intenta coller a pistola que ten no peto. Pero non se atreve a matalo. Cando o intentan botar da reunión hai una explosión. Alguén tiña unha bomba. Non había mortos, só un ferido.

Hugo emborráchase, vai a súa habitación. Alí estaba Jessica. Aparece Olga, que é a persoa que tirou a bomba co fin de matar a Hoederer, xa que Hugo non o fixera. Olga explícalle a Hugo que O Partido xa on confia nel e cren que non é capaz de matar a Horederer e logo vaise. Hoederer vai á habitación de Hugo e de Jessica. Entablan conversación; Hoederer fala como un comunista práctico e Hugo defende os seus ideais comunistas e non acepta o pacto porque parécelle que é unha ofensa a todos aqueles que deron a súa vida pola causa. Pero Hoederer replicáballe dicindo que co pacto evitaranse máis mortes.

Ao día seguinte Jessica vai ver a Hoederer, co fin de aproximarse a el. Quere entrar no Partido. Empezan a intimidar, pero Hoederer adiviña que Jessica vai confesar que Hugo o vai matar. Ela escóndese porque Hugo entra no despacho de Hoederer. Este intenta convencelo de que non o mate e que traballe con el. Hugo saca o revólver e Hoederer desafíao para que o mate pero Hugo non se atreve. Vaise. Jessica sae do seu agocho e acércase a Hoederer. Abrázao. Nese momento entra Hugo e mátao.

Esta é a versión que lle conta Hugo a Olga na casa desta. Cando ela quere saber porque o matou, se por celos ou pola causa, este non o aclara pero si recoñece que cando volveu ao despacho era para unirse con Hoederer.

Hugo non está orgulloso do que fixo. E agora dáse conta de que Louis seguiu as ideas que tiña Hoederer. E que a el no cárcere intentouno matar o Partido. Olga aconséllalle que esqueza todo e que non se pode dicir toda a verdade. Nese momento Hugo dáse conta de que todo é unha farsa. Decide non traballar co Partido e non quere que a morte de Hoederer quede coma un crime pasional senón que morreu polas súas ideas, pola súa política para on setirse mal por matar a unha persoa inocente pola que sentía unha grande admiración.

É media noite. En contra da vontade de Olga, Hugo abre a porta e atópase con Louis e só di:

NON RECUPERABLE.

Personaxes editar

  • Hugo: é un mozo intelectual do Partido Comunista. Encargado de matar a Hoederer.
  • Olga: é unha militante do Partido Comunista que tivo unha relación amorosa-amigábel con Hugo.
  • Charles, Franz e Iván: son militantes do Partido cun papel esporádico.
  • Louis: é o dirixente comunista dende a morte de Hoederer.
  • Hoederer: é o líder comunista, auténtico, lúcido, intelixente e con dominio de si mesmo.
  • Jessica: é unha burguesa sen ideas. Está casada con Hugo pero acaba namorándose de Hoederer, antes da morte deste.
  • Georges e Slick: gardacostas de Hoederer.
  • Karsky: secretario do Pentágono. Quere pactar con Hoederer.
  • O Príncipe Paul: fillo do Rexente. Quere pactar con Hoederer.