American Film Institute

entidade cinematográfica estadounidense sen ánimo de lucro

O American Film Institute (AFI) é unha entidade cinematográfica estadounidense independente sen ánimo de lucro, cuxo fin é educar cineastas e rendir homenaxe ó patrimonio das artes cinematográficas nos Estados Unidos. Foi creado polo National Endowment for the Arts, o cal foi establecido en 1967 cando o presidente dos Estados Unidos Lyndon B. Johnson firmou un tratado coñecido como National Foundation on the Arts and the Humanities Act.[1]

American Film Institute
American Film Institute (AFI) logo.svg
TipoEscola de cine
Data de fundación1967
Presidente/aBob Gazzale
Nº de empregados507 (2020)
Localización
SedeOs Ánxeles
Enderezo2021 N Western Ave, Los Angeles, CA, 90027-1625
EnOs Ánxeles
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.afi.com
Facebook: AmericanFilmInstitute Twitter: americanfilm Instagram: americanfilminstitute Editar o valor em Wikidata

É coñecida mundialmente por dous motivos principais: as listas que dende 1998 publican cada ano sobre o mellor do cine, e os premios honoríficos que concede aos personaxes máis destacados do mundo do cine estadounidense. En 2008 publicou o AFI's 10 Top 10, os 10 mellores filmes norteamericanos en dez xéneros diferentes.

A organización tamén preserva filmes antigos, en especial aqueles en risco de degradación do soporte fotográfico utilizado para a filmación e proxección do filme.

HistoriaEditar

 
Silver Theater

O American Film Institute foi fundado por un mandato presidencial anunciado en 1965 no Rose Garden da Casa Branca polo entón presidente os Estados Unidos de América Lyndon B. Johnson, para establecer unha organización nacional das artes e preservar o legado do patrimonio do cine estadounidense, educar as seguintes xeracións de cineastas e render tributo aos artistas e o seu traballo. Dous anos máis tarde, en 1967, o AFI foi establecido, apoiado polo National Endowment for the Arts, a Asociación Cinematográfica de América e a Fundación Ford.

A xunta directiva inicial contaba con 22 membros e tiña como presidente ao actor Gregory Peck e a Sidney Poitier como vicepresidente. Entre os membros tamén figuraban o director Francis Ford Coppola, Arthur Schlesinger, Jr. e Jack Valenti.

Nos seus primeiros anos creou un programa de exhibición de cine no Centro Kennedy para as Artes Escénicas (máis tarde trasladouse ao AFI Silver Theater and Cultural Center), e o catálogo de películas do AFI.

ProgramasEditar

O AFI ofrece varios programas educativos e culturais, que inclúen:

  • Catalogo de Longametraxes de AFI e Arquivo de AFI: historia de todas as longametraxes durante os primeiros 100 anos da arte.
  • Conservatorio de AFI: Unha escola de cine dirixida por cineastas.
  • AFI Life Achievement Award: Celebrado desde 1973.
  • AFI Awards: Un premio celebrando os conxuntos creativos dos programas de longametraxes e televisivos máis importantes do ano.
  • AFI 100 years...: Unha lista de filmes e eventos televisivos sobresaíntes segúndo os seus estándares.[2]
  • AFI's two film festivals: AFI Fest nos Ánxeles e AFI Docs en Silver Spring, Maryland.
  • AFI Silver Theatre and Cultural Center: Cine histórico con presentacions recorrentes.[3]
  • American Film: Revista electrónica que explora a arte de clásicos cinematográficos tanto novos coma históricos.

NotasEditar

  1. Howe, Desson. "Film Notes". The Washington Post (en inglés). 
  2. "AFI's 100 Years... The complete lists". afi.com (en inglés). 
  3. "AFI Silver Theatre and Cultural Center" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar