Gregory Peck
actor estadounidense
Eldred Gregory Peck, nado en San Diego (California) o 5 de abril de 1916 e finado nos Ánxeles o 12 de xuño de 2003, foi un actor estadounidense de cinema.
Gañou o Óscar ó mellor actor en 1962 co filme To Kill a Mockingbird. Tamén gañou un Globo de Ouro en 1963 pola súa actuación neste filme e outro pola súa actuación en The Yearling (1947).
Filmografía parcial
editar- Días de gloria (1944)
- The Yearling (1947)
- Capitán Horatio Hornblower (1951)
- Moby Dick (1956)
- Horizontes de grandeza (1958)
- Pork Chop Hill (1959)
- To Kill a Mockingbird (1962)
- Arabesco (1966)
- A noite dos xigantes (1968)
- Billy dous sombreiros (1974)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gregory Peck |
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |