Abrir o menú principal

Montgomery Clift

actor estadounidense

Edward Montgomery Clift, nado en Omaha, Nebrasca o 17 de outubro de 1928 e finado en Nova York o 23 de xullo de 1966 foi un actor estadounidense de cinema e teatro.

Montgomery Clift
Clift, Montgomery.jpg
Clift en 1948
Nome completoEdward Montgomery Clift
Nacemento17 de outubro de 1920
LugarOmaha, Nebrasca
Falecemento23 de xullo de 1966 (45 anos)
LugarNova York
CausaInfarto agudo de miocardio
SoterradoNova York
NacionalidadeEstados Unidos de América Estados Unidos
Educado enActors Studio
ProfesiónActor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Debutou en Broadway aos quince anos e seguiu en Nova York durante dez anos antes de marchar a Hollywood. O seu primeiro filme foi Red River, con John Wayne, rodada en 1946. A partir de aí foi lanzado como sex symbol.

Durante a década de 1950 foi recoñecido como un dos actores máis representativos do “método”. Porén non era moi apreciado pola elite de Hollywood por non axustarse aos seus estándares, como o de ser moi selectivo na escolla dos seus papeis e non publicar a súa vida privada.

O 12 de maio de 1956 mentres rodaba Raintree County, sufriu un grave accidente de coche tras saír dunha festa da casa da súa amiga e compañeira de elenco Elizabeth Taylor. No accidente resultou ferido na cara, precisando cirurxía estética, e ocasionándolle cicatrices. Dous meses despois retomouse a rodaxe, pero a dor causada polo accidente fíxolle abusar do alcohol e as pílulas.

A pesar de todo Clift seguiu traballando durante os seguintes dez anos, protagonizando o filme de John Huston The Misfits, que foi o último para Marilyn Monroe e Clark Gable. Nunha entrevista de 1961, Monroe describiu a Clift como "a única persoa que coñezo que está en pero forma ca min."

Foi atopado morto polo seu secretario en 1966, vítima dunha enfermidade coronaria.

FilmografíaEditar

Ano Filme
1948 The Search
Red River
1949 The Heiress
1950 The Big Lift
1951 A Place in the Sun
1953 I Confess
Stazione Termini
De aquí á eternidade
1957 Raintree County
1958 Lonelyhearts
O baile dos malditos
1959 Suddenly, Last Summer
1960 Wild River
1961 The Misfits
1961 Judgment at Nuremberg
1962 Freud: The Secret Passion
1966 The Defector

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bosworth, Patricia (1978). Montgomery Clift: A Biography. Hal Leonard Corporation, 2007. ISBN 0-87910-135-0
  • Capua, Michelangelo (2002). Montgomery Clift: A Biography. McFarland. ISBN 978-0-7864-1432-1.
  • Kramer, Stanley and Thomas M. Coffey (1997). A Mad, Mad, Mad, Mad World: A Life in Hollywood. ISBN 0-15-154958-3.
  • LaGuardia, Robert (1977). Monty: A Biography of Montgomery Clift. New York, Avon Books. ISBN 0-380-01887-X
  • McCann, Graham (1991). Rebel Males: Clift, Brando and Dean. H. Hamilton. ISBN 978-0-241-12884-8.

Ligazóns externasEditar