De aquí á eternidade

filme de 1953 dirixido por Fred Zinnemann

De aquí á eternidade (en inglés: From Here to Eternity) é un filme estadounidense dirixido por Fred Zinnemann e baseado na novela homónima de James Jones. O filme conta a historia de tres soldados estadounidenses, interpretados por Burt Lancaster, Montgomery Clift e Frank Sinatra, que están en Hawai nos meses previos ó ataque de Pearl Harbor. Deborah Kerr e Donna Reed interpretan as mulleres nas súas vidas, e os actores secundarios inclúen a Ernest Borgnine, Philip Ober, Jack Warden, Mickey Shaughnessy, Claude Akins e George Reeves.

De aquí á eternidade
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalFrom Here to Eternity
DirectorFred Zinnemann
ProdutorBuddy Adler
GuiónDaniel Taradash
Baseado enFrom Here to Eternity
novela de James Jones
IntérpretesBurt Lancaster
Montgomery Clift
Deborah Kerr
Donna Reed
Frank Sinatra
Ernest Borgnine
Philip Ober
Jack Warden
MúsicaGeorge Duning
FotografíaBurnett Guffey
MontaxeWilliam A. Lyon
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea 5 de agosto de 1953
Galicia 20 de febreiro de 2000 (TVG)
Duración118 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$2 500 000[1]
Recadación$30 500 000[2]
Na rede
IMDB: tt0045793 Filmaffinity: 555169 Allocine: 2218 Rottentomatoes: m/1007931-from_here_to_eternity Allmovie: v18738 TCM: 16762 Metacritic: movie/from-here-to-eternity TV.com: movies/from-here-to-eternity Netlix: 60010376 Editar o valor en Wikidata

O filme gañou oito Premios Oscar dos trece nomeamentos que tiña, incluíndo os premios de mellor filme, mellor director (Fred Zinnemann), mellor guión adaptado, mellor actor secundario (Frank Sinatra), e mellor actriz secundaria (Donna Reed).[3] O título orixinal do filme provén dunha cita do poema de Rudyard Kipling "Gentlemen-Rankers", sobre soldados do Imperio Británico que "perderan o seu camiño" e estaban "malditos de aquí á eternidade". No ano 2002, From Here to Eternity foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".

Estreouse en galego o 26 de febreiro de 1994 a través da TVG.[4]

Personaxes

editar
  1. Webster, David Kenyon. "Film Fare: Hollywood producers concentrate on fewer, more lavish pictures, theatre owners complain, but studios' profits are the best in year's Genghis Khan and Ben Hur." The Wall Street Journal, 13 de xullo de 1954, p. 1.
  2. "Box Office Information for 'From Here to Eternity'." The Numbers. Consultado o 12 de abril de 2012.
  3. "The 26th Academy Awards (1954) Nominees and Winners." Oscars.org. Consultado o 20 de decembro de 2015..
  4. "Programación da TVG". La Voz de Galicia. 26 de febreiro de 1994. p. 75. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar