Fred Zinnemann
Fred Zinnemann, nado en Viena o 29 de abril de 1907 e finado en Londres o 14 de marzo de 1997, foi un director de cinema estadounidense de orixe austríaca.
Traxectoria
editarNado nunha familia xudía, quería ser músico, pero comezou estudos de dereito. Estando na universidade fixo algúns traballos en películas, chegando a ser cámara. En Alemaña traballou con outros principiantes no cinema, como Billy Wilder e Robert Siodmak, antes de marchar aos Estados Unidos a estudar cinema.
Logo de rodar unha película en México instalouse en Hollywood, revelándose coma director con The Seventh Cross en 1944. Trala segunda guerra mundial descubriu que seus pais morreran no Holocausto.
As películas máis aclamadas de Zinnemann chegaron nos anos cincuenta, como Só ante o perigo, De aquí á eternidade, coa que gañou o Oscar ó mellor director ou Historia dunha monxa, gañadora da Cuncha de Ouro en San Sebastián.
En 1966 volvería triunfar nos Premios Oscar con Un home para a eternidade .
Finou dun ataque ao corazón en Londres en 1997.
Obra
editar- Redes (1936)
- Kid Glove Killer (1942)
- Eyes in the Night (1942)
- The Seventh Cross (1944)
- Little Mister Jim (1946)
- My Brother Talks to Horses (1947)
- The Search (1948)
- Act of Violence (1948)
- The Men (1950)
- Teresa (1951)
- Só ante o perigo (1952)
- The Member of the Wedding (1952)
- De aquí á eternidade (1953)
- Oklahoma! (1955)
- A Hatful of Rain (1957)
- Historia dunha monxa (1959)
- The Sundowners (1960)
- Behold a Pale Horse (1964)
- Un home para a eternidade (1966)
- Chacal (1973)
- Julia (1977)
- Five Days One Summer (1982)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fred Zinnemann |
Ligazóns externas
editar- Fred Zinnemann na IMDb (en inglés).