Ernest Borgnine
Ermes Effron Borgnino, nado en Hamden (Connecticut) o 24 de xaneiro de 1917 e finado nos Ánxeles (California) o 8 de xullo de 2012, foi un actor estadounidense.
Ernest Borgnine | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Borgnine en 2010 | |||||||||||||||
Nome completo | Ermes Effron Borgnino | ||||||||||||||
Nacemento | 24 de xaneiro de 1917 | ||||||||||||||
Lugar | Hamden, Connecticut | ||||||||||||||
Falecemento | 8 de xullo de 2012 (95 anos) | ||||||||||||||
Lugar | Os Ánxeles, California | ||||||||||||||
Causa | insuficiencia renal | ||||||||||||||
Soterrado | Forest Lawn Memorial Park | ||||||||||||||
Nacionalidade | ![]() | ||||||||||||||
Relixión | ateísmo | ||||||||||||||
Educado en | Hillhouse High School | ||||||||||||||
Cónxuxe(s) | Rhoda Kemins (1949–1958) Katy Jurado (1959–1963) Ethel Merman (1964-1965) Donna Rancourt (1965-1972) Tova Traesnaes (1973-2012) | ||||||||||||||
Profesión | Actor | ||||||||||||||
| |||||||||||||||
Na rede | |||||||||||||||
http://ernieborgnine.com/ | |||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||||||||||
TraxectoriaEditar
Fillo de emigrantes italianos, uniuse ao exército dos Estados Unidos en 1935, tras rematar o instituto. Deixouno en 1941 pero realistouse tras o ataque a Pearl Harbor, servindo nel ata 1945. Tras acabar a segunda guerra mundial decidiu estudar interpretación, comezando a súa carreira teatral en 1947. O seu primeiro gran papel no cinema foi en De aquí á eternidade, en 1953. Dous anos despois, gañou o oscar ao mellor actor por Marty.
Tivo tamén unha longa carreira na televisón, en series coma McHale’s Navy ou Airwolf. Puxo voz a Mermaid Man na serie de animación SpongeBob SquarePants. Seguiu actuando ata pouco tempo antes da súa morte.
FilmografíaEditar
Ano | Filme |
---|---|
1953 | De aquí á eternidade |
1954 | Johnny Guitar |
1954 | Demetrius and the Gladiators |
1954 | Vera Cruz |
1955 | Bad Day at Black Rock |
1955 | Marty |
1955 | The Last Command |
1956 | Jubal |
1956 | The Best Things in Life Are Free |
1958 | The Vikings |
1958 | Torpedo Run |
1961 | Barrabás |
1965 | The Flight of the Phoenix |
1966 | The Oscar |
1967 | The Dirty Dozen |
1968 | Ice Station Zebra |
1969 | Grupo salvaxe |
1971 | Bunny O’Hare |
1972 | A aventura do Poseidón |
1979 | The Black Hole |
1980 | When Time Ran Out |
1981 | 1997: Rescate en Nova York |
1997 | Gattaca |
1998 | BASEketball |
2002 | 11'09"01 September 11 |
2006 | Blueberry, a experiencia secreta |
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ernest Borgnine |
Ligazóns externasEditar
- Ernest Borgnine na IMDb (en inglés).