Marty é un filme estadounidense de drama e romance dirixido por Delbert Mann. O guión foi escrito por Paddy Chayefsky, e está protagonizado por Ernest Borgnine e Betsy Blair. Ademais de gañar o Óscar ó mellor filme, o filme tivo grande éxito internacional, converténdose no cuarto filme estadounidense en gañar o premio principal no Festival Internacional de Cine de Cannes, sendo ademais o primeiro en gañar a Palma de Ouro de xeito unánime.

Marty
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalMarty
DirectorDelbert Mann
ProdutorHarold Hecht
Burt Lancaster
GuiónPaddy Chayefsky
Baseado enMarty de Paddy Chayefsky
IntérpretesErnest Borgnine
Betsy Blair
Joe Mantell
Frank Sutton
Karen Steele
Jerry Paris
Esther Minciotti
Augusta Ciolli
MúsicaRoy Webb
FotografíaJoseph LaShelle
MontaxeAlan Crosland Jr.
EstudioHecht-Lancaster Productions
DistribuidoraUnited Artists
Estrea 11 de abril de 1955
Galicia 13 de novembro de 1999 (TVG)
Duración90 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$350 000[1][2]
Recadación$2 000 000 (USA/ Canadá)[3]
$1 500 000 (internacional)[1]
Na rede
IMDB: tt0048356 Filmaffinity: 370698 Allocine: 49971 Rottentomatoes: m/1013427-marty Mojo: marty Allmovie: v31612 TCM: 83011 TV.com: movies/marty Netlix: 60010636Editar o valor em Wikidata

Foi emitido en galego o 13 de novembro de 1999 pola TVG.[4]

Sinopse editar

Marty (Ernest Borgnine) é un carniceiro italo-norteamericano que convive no barrio do Bronx xunto coa súa posesiva nai (Esther Minciotti). Solteiro con trinta anos, a súa timidez e torpeza coas mulleres faino crer que nunca iniciará unha relación amorosa. Por insistencia da súa nai, sae unha noite a bailar e coñece a Clara (Betsy Blair) unha profesora tan insegura e tímida coma el e xorde un romance que é desaprobado tanto pola nai de Marty como polos seus amigos.

Personaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 HOLLYWOOD DOSSIER: 'MARTY' HITS JACKPOT – TEAM – ON THE SET By OSCAR GODBOUTHOLLYWOOD.. New York Times (1923–Current file) [New York, N.Y] 11 Sep 1955: X7.
  2. Tino Balio, United Artists: The Company That Changed the Film Industry, University of Wisconsin Press, 1987 p. 82
  3. 'The Top Box-Office Hits of 1955', Variety Weekly, January 25, 1956
  4. La Voz de Galicia, 13 de novembro de 1999. Páx. 86

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar