Fargo (filme)
Fargo é un filme estadounidense dirixido polos Irmáns Coen que se estreou en 1996. Está protagonizado por Frances McDormand que interpreta a unha oficial de policía embarazada de Minnesota que investiga uns asasinatos cometidos nunha estrada. Estes asasinatos ocorren despois de que un vendedor de coches (William H. Macy) contrate a dous criminais (Steve Buscemi e Peter Stormare) para que secuestren á súa muller e poder extorsionar cun rescate ó seu rico sogro (Harve Presnell).
Fargo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Fargo |
Director | Joel Coen Ethan Coen |
Produtor | Ethan Coen Joel Coen |
Guión | Joel Coen Ethan Coen |
Intérpretes | Frances McDormand William H. Macy Steve Buscemi Harve Presnell Peter Stormare |
Música | Carter Burwell |
Fotografía | Roger Deakins |
Montaxe | Roderick Jaynes |
Estudio | PolyGram Filmed Entertainment Working Title Films |
Distribuidora | Gramercy Pictures |
Estrea | 8 de marzo de 1996 5 de setembro de 2008 (TVG) |
Duración | 98 minutos[1] |
Orixe | Reino Unido[2] Estados Unidos[2] |
Xénero | Drama |
Orzamento | $7 000 000[3] |
Recadación | $60 611 975[3] |
Na rede | |
|
Estreouse en galego na TVG o 5 de setembro de 2008.[4]
Sinopse
editarUn home apoucado e tímido, casado coa filla dun millonario que lle impide desfrutar da súa fortuna, decide contratar a dous delincuentes para que secuestren á súa muller co fin de montar un negocio propio cos cartos do rescate. Pero, por unha serie de azarosas circunstancias, ó secuestro súmanse tres brutais asasinatos, o que obriga á policía a intervir.
Personaxes
editar- Frances McDormand como Marge Gunderson
- William H. Macy como Jerry Lundegaard
- Steve Buscemi como Carl Showalter
- Peter Stormare como Gaear Grimsrud
- Harve Presnell como Wade Gustafson
- Kristin Rudrüd como Jean Lundegaard
- Tony Denman como Scotty Lundegaard
- Larry Brandenburg como Stan Grossman
- Steve Reevis como Shep Proudfoot
- John Carroll Lynch como Norm Gunderson
- Steve Park como Mike Yanagita
Galardóns e nomeamentos
editar- 1996: 2 Oscars: Mellor actriz (Frances McDormand) e mellor guión orixinal. 7 nomeamentos.
- 1996: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro, incluíndo filme comedia ou musical, director.
- 1996: Festival de Cannes: Mellor dirección. Nomeada á Palma de Ouro.
- 1996: Premios BAFTA: Premio David Lean á dirección (Joel Coen).
- 1996: Premios Cesar: Nomeada ó mellor filme estranxeiro.
- 1996: 2 premios National Board of Review: Mellor actriz (Frances McDormand), director
- 1996: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme.
Notas
editar- ↑ British Board of Film Classification (ed.). "Fargo". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de agosto de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 British Film Institute (ed.). "Fargo (1995)". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2015. Consultado o 5 de agosto de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 Box Office Mojo (ed.). "Fargo (1996)". Consultado o 2 de agosto de 2015.
- ↑ "Fargo na TVG". Diario Siglo XXI. 3 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarBibliografía
editar- Luhr, William, ed. (2004). The Coen Brothers' Fargo. Cambridge University Press. ISBN 9780521808859. OCLC 51752419.
Ligazóns externas
editar- Fargo na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)