William H. Macy
William Hall Macy, Jr., nado o 13 de marzo de 1950 en Miami, é un actor e guionista estadounidense.
William H. Macy | |
---|---|
![]() William H. Macy en setembro de 2012. | |
Nome completo | William Hall Macy, Jr. |
Nacemento | 13 de marzo de 1950 (72 anos) |
Lugar | Miami, Florida, ![]() |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | luteranismo |
Educado en | Goddard College e Allegany High School |
Pai | William Hall Macy, Sr. |
Cónxuxe(s) | Felicity Huffman (1997 |
Fillos | 2 |
Profesión | Actor, escritor e director de cine (1978 - actualidade) |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Macy comezou no teatro na universidade a finais da década de 1960 e comezos da de 1970 Nova York, mudando ao se graduar para Chicago onde xunto con David Mamet e outra xente fundou unha compañía de teatro e alí interpretou pezas de Mamet como American Buffalo (1975). Na década de 1980 foi vivir a Nova York aparecendo en obras de Broadway e Off-Broadway. A partir de mediados da década de 1980 a carreira de Macy desenvolveuse sobre todo en filmes independentes, aínda que tamén traballou actuou no cine comercial, salientan as súa interpretacións en Benny e Joon (1994), The Client (1994), Murder in the First (1995), en televisión foi doutor David Morgenstern en ER (1994-1998), pola interpretación de Jerry Lundegaard en Fargo (1996) foi candidato ao Óscar, e logo dese papel aumentou a súa popularidade actuando en Boogie Nights (1997), Pleasantville (1998), Magnolia (1999) Jurassic Park III (2001), Seabiscuit (2003), Inland Empire (2006) ou Bobby (2006). Gañou dous Emmy e un premio do Sindicato de Actores.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: William H. Macy |