MarShon Brooks
MarShon Scitif Brooks, nado o 26 de xaneiro de 1989 en Long Branch, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Axente libre | |
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 26 de xaneiro de 1989 (35 anos) Long Branch, Nova Jersey |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Tucker (Tucker, Georgia) |
Universidade | Providence (2007–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 25 Por Boston Celtics |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
New Jersey / Brooklyn Nets (2011–2013) Boston Celtics (2013–2014) → Maine Red Claws (2014) Golden State Warriors (2014) → Santa Cruz Warriors (2014) Los Angeles Lakers (2014) Olimpia Milano (2014–2015) Jiangsu Dragons (2015–2018) Memphis Grizzlies (2018–2019) | |
Premios e galardóns | |
2º Equipo de Rookies NBA (2012) | |
Información en nba.com |
Traxectoria profesional
editarNew Jersey / Brooklyn Nets
editarBrooks foi elixido na 25ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Boston Celtics. Os Celtics traspasaron a Brooks aos New Jersey Nets a cambio da 27ª posición do Draft de 2011, JaJuan Johnson, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2014. Asinou o seu contrato polos Nets o 9 de decembro de 2011.
Boston Celtics
editarBrooks foi traspasado ós Boston Celtics o 12 de xullo de 2013 como parte dun traspaso que mandou a Kevin Garnett e a Paul Pierce ós Nets.[1]
O 1 de xaneiro de 2014, foi asignado ós Maine Red Claws da NBA Development League.[2] O 9 de xaneiro foi chamado de volta polos Celtics.[3]
Golden State Warriors
editarO 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Celtics, os Golden State Warriors e os Miami Heat. Os Celtics mandaron a Brooks e a Jordan Crawford ós Warriors. A cambio, recibiron a Joel Anthony dos Heat, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat. Ademais, Toney Douglas foi enviado ós Heat no mesmo traspaso.[4]
Los Angeles Lakers
editarO 19 de febreiro de 2014, Brooks foi traspasado xunto a Kent Bazemore ós Los Angeles Lakers, a cambio de Steve Blake.[5]
En xullo de 2014, Brooks uniuse ós Sacramento Kings para a Liga de Verán da NBA de 2014.[6]
Olimpia Milano
editarO 8 de agosto de 2014, Brooks asinou un contrato dun ano co Emporio Armani Milano da Lega Basket Serie A.[7][8]
Volta á NBA
editarO 3 de xaneiro de 2019, Brooks foi traspasado ós Chicago Bulls xunto Wayne Selden Jr. e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio de Justin Holiday.[9] Foi cortado o 7 de xaneiro polos Bulls sen chegar a debutar.[10]
Notas
editar- ↑ "Celtics Complete Trade With Brooklyn Nets". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 12 de xullo de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2013.
- ↑ "Celtics assign MarShon Brooks to D-League". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Celtics recall MarShon Brooks from D-League". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 21 de xaneiro de 2014.
- ↑ "HEAT Trade Joel Anthony in Exchange for Toney Douglas". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Lakers Acquire Bazemore and Brooks". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014.
- ↑ "Kings to Hold Mini-Camp in Las Vegas Prior to 2014 Samsung NBA Summer League". NBA.com. Consultado o 8 de agosto de 2014.
- ↑ "Olimpia, arriva MarShon Brooks". olimpiamilano.com (en Italian). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 8 de agosto de 2014.
- ↑ "EA7 Milan brings aboard scorer Brooks". euroleague.net. Consultado o 8 de agosto de 2014.
- ↑ "Memphis Grizzlies acquire Justin Holiday from Chicago Bulls". NBA.com. 3 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Bulls complete trade with Rockets". NBA.com. 7 de xaneiro de 2019. Consultado o 7 de xaneiro de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 17 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)