Joel Anthony
Joel Vincent Anthony, nado o 9 de agosto de 1982 en Montreal, Quebec, é un xogador profesional de baloncesto canadense que xoga nos San Antonio Spurs da National Basketball Association (NBA). Mide 2,06 metros e xoga de pivote.
(2010) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Joel Vincent Anthony 9 de agosto de 1982 (42 anos) Montreal, Canadá | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Dawson College University of Nevada, Las Vegas (pt) Pensacola State College (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 208 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 111 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 30 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria deportiva
editarUniversidade
editarAnthony asistiu ao Pensacola Junior College antes do seu paso pola NCAA, onde en 2004 foi elixido no mellor quinteto da súa conferencia tras facer 9,0 puntos, 7,0 rebotes e 3,5 tapóns por partido. Ao ano seguinte pasou á Universidade de Nevada-Las Vegas, onde no seu único ano no equipo fixo 1,9 puntos, 2,7 rebotes e 1,6 tapóns, sendo o mellor do seu equipo neste último aspecto. O seu ano sénior non xogou, malia adestrar co equipo, ao ser o quinto ano que ía á universidade.
Profesional
editarNon foi incluído no Draft da NBA, pero a pesar diso logrou o seu primeiro contrato coma profesional cos Miami Heat, onde na tempada 2007-08 tan só disputou uns poucos minutos en 24 partidos. Na tempada 2008-09, Anthony gozou de máis minutos de xogo, pero empeorou os seus rexistros de puntos e de rebotes con respecto á tempada anterior.
O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Heat, os Golden State Warriors e os Boston Celtics. Os Heat mandaron a Anthony ós Celtics, e a cambio recibiron a Toney Douglas dos Warriors. Ademais, no mesmo traspaso, os Celtics mandaron a MarShon Brooks e a Jordan Crawford ós Warriors, recibindo a cambio unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat.[1]
O 17 de outubro de 2014, Anthony foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de Will Bynum.[2]
Notas
editar- ↑ "HEAT Trade Joel Anthony in Exchange for Toney Douglas". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014.
- ↑ Detroit Pistons Acquire Center Joel Anthony
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Anthony en NBA.com (en inglés)
- Estadísticas de Anthony na NBA Arquivado 31 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)
- Vídeo de Anthony na súa etapa nos Rebels
- Estadísticas de Anthony na NCAA (en inglés)