Os Sacramento Kings son un equipo de baloncesto profesional con base na cidade californiana de Sacramento. Xogan na División Pacífico da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA).

Sacramento Kings
Información xeral
Conferencia Oeste
División Pacífico
Fundación 1923
Historia Rochester Seagrams (1923–45)
Rochester Royals (1945–57)
Cincinnati Royals (1957–72)
Kansas City-Omaha Kings (1972–75)
Kansas City Kings (1975–85)
Cores                     Violeta, prata
G League Stockton Kings
Retirados 11 (1, 2, 4, 6, 11, 12, 14, 16, 21, 27, 44)
Localización
Cidade California Sacramento (California)
Pavillón Golden 1 Center
Capacidade 17.608 espectadores
Inauguración 8 de novembro de 1988
Persoal
Propietario(s) Vivek Ranadivé
Director Monte McNair
Adestrador Alvin Gentry
Títulos
Campión 1 (1951)
Conferencia 0
División 5 (1949, 1952, 1979, 2002, 2003)
kings.com

Historia editar

Rochester editar

A franquía que se convertería nos Sacramento Kings comezou na cidade de Rochester, Nova York, co nome de Rochester Royals da National Basketball League.

Nos primeiros anos de 1920, o equipo era un grupo semiprofesional patrocinado por unha destilería local, Seagram. O equipo era coñecido coma Rochester Seagrams ao redor de dúas décadas. Os patrocinados Seagrams mantivéronse a flote mentres outros equipos profesionais quedaron no camiño durante a Gran Depresión. Baixo a mirada do Hall of Fame Les Harrison, o equipo creceu en talento, participou cada vez en mellores competicións e se converteu nun gran tesouro local co paso dos anos.

Ao remate da segunda guerra mundial, a National Basketball League foi tendo máis éxito tras os anos da guerra, e estaba buscando operacións para a súa melloría, e Rochester era un gran candidato. O equipo cambiou o seu nome a Rochester Pros, e trasladouse ao Edgerton Sports Arena en 1942, con 4500 asentos. Foi invitado para unirse á NBL na tempada 1945-46, e Les Harrison e o seu irmán Jack separaron os seus camiños con Seagram, os cales dubidaron de que o equipo puidera beneficiarse co salto á NBL. Fixeron un concurso para renomear o equipo no periódico máis famoso de Rochester. O gañador foi Richard Paeth, un rapaz de tan só 15 anos, que propuxera como nome os "Royals".

O éxito para os Royals foi case inmediato. Fundado en 1945 polo propietario, adestrador e director xeral Les Harrison (incluído no Hall of Fame) e polo seu irmán e copropietario e director de negocios Jack Harrison, o equipo gañou o campionato da NBL na tempada 1945-1946, no seu primeiro ano na liga. O equipo foi liderado por Bob Davies, Al Cervi, George Glamack, e Otto Graham, futuro membro do Hall of Fame, quen, na súa única tempada no baloncesto profesional, gañou o campionato da liga antes de cambiarse ao fútbol americano e liderar aos Cleveland Browns. Ademais, os Royals dobraron o investimento dos Harrison en tan só unha tempada. Xogando numerosos partidos amigables ademais do calendario da NBL, o equipo estaba no seu cume en 1946.

Na seguinte tempada, os mandatarios da NBL decidiron que a tempada regular decidiría ao campión oficial da NBL, e que a postempada consistiría nun torneo á parte, fora do campionato. Os Royals remataron cunha marca de 31-13 (70.5%), conseguindo o seu segundo campionato da NBL nos seus dous anos na competición, pero perderon as Finais do torneo de postempada contra os Chicago American Gears de George Mikan.

Á tempada seguinte, a NBL deu marcha atrás, e dende ese intre, os playoffs de despois da tempada determinarían ao Campión da NBL. Os Royals rematarían outra vez coa mellor marca da liga, con 44-16, pero perderon contra o novo equipo de George Mikan, os Minneapolis Lakers, por 3-1 nas Finais da NBL.

Os incontables amigables, ademais dos partidos da tempada, fixeron dano ao equipo polo ano 1948, con varias lesións nas Finais da NBL de 1947 e 1948. O equipo engadiu a Bobby Wanzer para substituír a Cervi, ademais doutros movementos no equipo. Ademais, a forte reputación do equipo fíxoo partícipe da fusión entre a NBL e a Basketball Association of America (BAA).

Na tempada 1948-49, os Royals trasladáronse á BAA xunto aos Fort Wayne Pistons, Minneapolis Lakers e Indianapolis Jets. Un ano despois, a BAA fusionouse cos demais equipos da NBL para converterse na National Basketball Association (NBA).

O movemento á BAA fixo que Rochester deixara o seu calendario de amigables, e púxoo na mesma División Oeste na que estaba Minneapolis. Dos dous mellores equipos do baloncesto profesional, tan só un deles podía xogar as Finais da liga. Minneapolis, con Mikan, foi case sempre un pouco mellor nos playoffs que os Royals. Co seu pequeno pavillón e o seu agora limitado calendario, os Royals foron baixando o seu nivel, á vez que Harrison mantivo ao equipo nun nivel alto, que nunca baixou do segundo posto na súa división entre 1945 e 1954. Pasou moito tempo nos anos 1950 buscando un comprador para o equipo, a medida que as débedas aumentaban.

Os Royals gañaron o título da NBA na tempada 1950-51 gañando aos New York Knickerbockers por 4-3. É o único campionato da NBA da historia da franquía ata hoxe. Pero a vitoria non fixo que a franquía aumentara os seus beneficios. O equipo cambiou por completo en 1955, con tan só Wanzer quedando no equipo, e o equipo pasou a xogar no Rochester Memorial, un pavillón máis grande. Agora cun equipo perdedor cheo de rookies, os Royals seguían sen ter beneficios. Ao mesmo tempo, a NBA metíalle presa a Harrison para vender ou recolocar o equipo nunha cidade máis grande. A tempada 1956-57 foi a última dos Royals en Rochester.

A estancia de 12 anos dos Royals en Rochester contou coa presenza de nove futuros membros do Basketball Hall of Fame, un membro do Pro Football Hall of Fame e un membro do Paseo da Fama de Hollywood: Al Cervi, Bob Davies, Alex Hannum, Les Harrison, Red Holzman, Arnie Risen, Maurice Stokes, Jack Twyman, Bobby Wanzer, Otto Graham, e Chuck Connors.

Cincinnati editar

En abril de 1957, os Royals foron trasladados a Cincinnati, Ohio, polos irmáns Harrison. Este movemento seguiu a un gran recibimento nun partido da tempada regular xogado no Cincinnati Gardens o 1 de febreiro de 1957. O cambio de cidade díxose que foi suxerido por Jack Twyman e Dave Piontek, que foron dous dos moitos xogadores do equipo dos novos Royals nesa rexión. Cincinnati, que tiña unha gran base universitaria de baloncesto, e non tiña franquía da NFL coa cal competir, foi considerada como a mellor opción polos Harrison. O nome dos Royals continuou en Cincinnati, a miúdo coñecida coma "Queen City".

Durante o primeiro draft da NBA do equipo en Cincinnati, o equipo adquiriu a Clyde Lovellette e ao base George King. Construíron un equipo con Maurice Stokes e Twyman para producir un futuro candidato ao título na primeira tempada do equipo en Cincinnati. A lesión de Marshall e a perda da estrela Si Green por ir ao servizo militar levou ao equipo a empatar na segunda praza da División Oeste da NBA durante a segunda parte da tempada 1957-58.

No final da tempada, Maurice Stokes golpeouse na cabeza ao caer tras capturar un rebote. Tras o primeiro partido nos playoffs tres días máis tarde, a lesión na cabeza de Stokes agravouse debido á presión da cabina do avión durante o voo de volta a Cincinnati para o segundo partido. Foi hospitalizado permanentemente, unha traxedia que impactou moito ao equipo. Stokes, un gran talento que podía xogar de pivote, de aleiro ou de base, foi 2º na NBA en rebotes e 3º en asistencias, algo que tan só fixo Wilt Chamberlain nunha tempada enteira. Sen Stokes, o equipo veuse abaixo.

O membro do All-Star Twyman chegou a un gran nivel nas seguintes dúas tempadas en Cincinnati, e o equipo fixo dúas tempadas de 19 vitorias. O equipo da tempada 1958-59 contaba principalmente con cinco rookies, con Lovellette, King e outro xogadores clave deixando o equipo tras a tráxica lesión de Stokes. Os Harrison, baixo presión para vender o equipo, o venderon a un grupo local liderado por Thomas Woods. O feito de que Stokes fora simplemente botado polo equipo e polos novos donos enfureceu a moitos.

Jack Twyman reuniu fondos para o tratamento médico de Stokes, e axudou ao seu compañeiro ata o seu falecemento en abril de 1970. A película Maurie de 1973 contou a súa historia, protagonizada por Bernie Casey e Bo Svenson.

Twyman foi o segundo xogador da NBA na historia en facer 30 partidos por partido nunha tempada enteira da NBA. Twyman e Stokes foron máis tarde incluídos no Hall of Fame.

En 1960, o equipo puido fichar á estrela local Oscar Robertson. Robertson liderou a un equipo no que tamén estaban Twyman, Wayne Embry, Bob Boozer, Bucky Bockhorn, Tom Hawkins e Adrian Smith nas tres seguintes tempadas. Os Royals cambiaron a súa sorte con Robertson e ascenderon a ser candidatos ao título. Unha disputa entre propietarios botou por terra as posibilidades de playoff cando o novo propietario Louis Jacobs contratou un circo para o Cincinnati Gardens na semana das series de playoffs contra os campións Boston Celtics. Os Royals tiveron que usar a casa do equipo da Universidade de Xavier, Schmidt Field House.

A finais de 1963, outra estrela local, Jerry Lucas, chegou ao equipo. Os Royals conseguiron a segunda mellor marca da NBA. De 1963 a 1966, os Royals loitaron contra Boston e os Philadelphia 76ers, pero caeron das súas esperanzas polo título. As estrelas do equipo durante os anos 60 foron Oscar Robertson e Jerry Lucas. Robertson conseguiu éxito individual, promediando un triplo-dobre na tempada 1961-62 e gañando o MVP na 1963-64. Robertson liderou a liga en anotación e en asistencias cada tempada. Lucas foi Rookie do Ano en 1964, liderou a liga en lanzamento, e conseguiu 20 rebotes por partido durante tres tempadas. Os dous foron elixidos no primeiro equipo All-NBA en varias ocasións.

En 1966, o equipo foi vendido aos irmáns Jacobs, Max e Jeremy. Nesa mesma tempada, os Royals comezaron a xogar algúns dos seus partidos coma locais en sitios neutrais coma Cleveland (ata que os Cleveland Cavaliers comezaron a xogar en 1970), Dayton ou Columbus, feito que se produciu no resto da estancia dos Royals en Cincinnati.

O novo adestrador Bob Cousy, un leal Boston Celtic, traspasou a Lucas en 1969. Robertson foi tamén traspasado en 1970, aos Milwaukee Bucks, onde gañou inmediatamente o título da NBA. A franquía abandonou Cincinnati pouco máis tarde, na tempada 1972-73, e o seu destino foi Kansas City, Missouri.

Pavillóns editar

Traxectoria editar

Campións de Liga Campións de Conferencia Campións de División Clasificados para Playoffs
Tempada Liga Conferencia División Tempada regular Resultados Postempada Resultados
Posto Vitorias Derrotas %
Rochester Royals (NBL)
(Non incluídos nas porcentaxes totais)
1945–46 NBL 24 10 .706 Gañadas Semifinais da NBL
Gañadas Finais da NBL
Rochester 3, Fort Wayne 1
Rochester 3, Sheboygan 0
1946–47 NBL 31 13 .705 Gañado Campionato da NBL/Pennant
Gañada primeira rolda
Gañadas Semifinais do torneo
Perdidas Finais do torneo
Rochester 3, Syracuse 1
Rochester 2, Fort Wayne 1
Chicago 3, Rochester 2
1947–48 NBL 44 16 .733 Gañada primeira rolda
Gañadas Semifinais da NBL
Perdidas Finais da NBL
Rochester 3, Fort Wayne 1
Rochester 2, Anderson 1
Minneapolis 3, Rochester 1
Rochester Royals (BAA)
((Incluídos nas porcentaxes totais))
1948–49 BAA Oeste 45 15 .750 Gañadas Semifinais de División
Perdidas Finais de División
Rochester 2, St. Louis 0
Minneapolis 2, Rochester 0
Rochester Royals (NBA)
1949–50 NBA Central 51 17 .750 Perdido desempate da División
Perdidas Semifinais de División
Minneapolis 78, Rochester 76
Fort Wayne 2, Rochester 0
1950–51 NBA Oeste 41 27 .603 Gañadas Semifinais de División
Gañadas Finais de División
Gañadas Finais da NBA
Rochester 2, Fort Wayne 1
Rochester 3, Minneapolis 1
Rochester 4, New York 3
1951–52 NBA Oeste 41 25 .621 Gañadas Semifinais de División
Perdidas Finais de División
Rochester 2, Fort Wayne 0
Minneapolis 3, Rochester 1
1952–53 NBA Oeste 44 26 .629 Perdidas Semifinais de División Fort Wayne 2, Rochester 1
1953–54 NBA Oeste 44 28 .611 Avanzou en desempate de 3 equipos
Perdidas Finais de División
2–1
Minneapolis 2, Rochester 1
1954–55 NBA Oeste 29 43 .403 Perdidas Semifinais de División Minneapolis 2, Rochester 1
1955–56 NBA Oeste 31 41 .431
1956–57 NBA Oeste 31 41 .431
Cincinnati Royals
1957–58 NBA Oeste 33 39 .458 Perdidas Semifinais de División Detroit 2, Cincinnati 0
1958–59 NBA Oeste 19 53 .264
1959–60 NBA Oeste 19 56 .253
1960–61 NBA Oeste 33 46 .418
1961–62 NBA Oeste 43 37 .538 Perdidas Semifinais de División Detroit 3, Cincinnati 1
1962–63 NBA Leste 42 38 .525 Gañadas Semifinais de División
Perdidas Finais de División
Cincinnati 3, Syracuse 2
Boston 4, Cincinnati 3
1963–64 NBA Leste 55 25 .688 Gañadas Semifinais de División
Perdidas Finais de División
Cincinnati 3, Philadelphia 2
Boston 4, Cincinnati 1
1964–65 NBA Leste 48 32 .600 Perdidas Semifinais de División Philadelphia 3, Cincinnati 1
1965–66 NBA Leste 45 35 .563 Perdidas Semifinais de División Boston 3, Cincinnati 2
1966–67 NBA Leste 39 42 .481 Perdidas Semifinais de División Philadelphia 3, Cincinnati 1
1967–68 NBA Leste 39 43 .476
1968–69 NBA Leste 41 41 .500
1969–70 NBA Leste 36 46 .439
1970–71 NBA Leste Central 33 49 .402
1971–72 NBA Leste Central 30 52 .366
Kansas City-Omaha Kings
1972–73 NBA Oeste Medio-Oeste 36 46 .439
1973–74 NBA Oeste Medio-Oeste 33 49 .402
1974–75 NBA Oeste Medio-Oeste 44 38 .537 Perdidas Semifinais de Conferencia Chicago 4, KC-Omaha 2
Kansas City Kings
1975–76 NBA Oeste Medio-Oeste 31 51 .378
1976–77 NBA Oeste Medio-Oeste 40 42 .488
1977–78 NBA Oeste Medio-Oeste 31 51 .378
1978–79 NBA Oeste Medio-Oeste 48 34 .585 Perdidas Semifinais de Conferencia Phoenix 4, Kansas City 1
1979–80 NBA Oeste Medio-Oeste 47 35 .573 Perdida primeira rolda Phoenix 2, Kansas City 1
1980–81 NBA Oeste Medio-Oeste 40 42 .488 Gañada primeira rolda
Gañadas Semifinais de Conferencia
Perdidas Finais de Conferencia
Kansas City 2, Portland 1
Kansas City 4, Phoenix 3
Houston 4, Kansas City 1
1981–82 NBA Oeste Medio-Oeste 30 52 .366
1982–83 NBA Oeste Medio-Oeste 45 37 .549
1983–84 NBA Oeste Medio-Oeste 38 44 .463 Lost First Round Los Angeles 3, Kansas City 0
1984–85 NBA Oeste Medio-Oeste 31 51 .378
Sacramento Kings
1985–86 NBA Oeste Medio-Oeste 37 45 .451 Perdida primeira rolda Houston 3, Sacramento 0
1986–87 NBA Oeste Medio-Oeste 29 53 .354
1987–88 NBA Oeste Medio-Oeste 24 58 .293
1988–89 NBA Oeste Pacífico 27 55 .329
1989–90 NBA Oeste Pacífico 23 59 .280
1990–91 NBA Oeste Pacífico 25 57 .305
1991–92 NBA Oeste Pacífico 29 53 .354
1992–93 NBA Oeste Pacífico 25 57 .305
1993–94 NBA Oeste Pacífico 28 54 .341
1994–95 NBA Oeste Pacífico 39 43 .476
1995–96 NBA Oeste Pacífico 39 43 .476 Perdida primeira rolda Seattle 3, Sacramento 1
1996–97 NBA Oeste Pacífico 34 48 .415
1997–98 NBA Oeste Pacífico 27 55 .329
1998–99 NBA Oeste Pacífico 27 23 .540 Perdida primeira rolda Utah 3, Sacramento 2
1999–00 NBA Oeste Pacífico 44 38 .537 Perdida primeira rolda L.A. Lakers 3, Sacramento 2
2000–01 NBA Oeste Pacífico 55 27 .672 Gañada primeira rolda
Perdidas Semifinais de Conferencia
Sacramento 3, Phoenix 1
L.A. Lakers 4, Sacramento 0
2001–02 NBA Oeste Pacífico 61 21 .744 Gañada primeira rolda
Gañadas Semifinais de Conferencia
Perdidas Finais de Conferencia
Sacramento 3, Utah 1
Sacramento 4, Dallas 1
L.A. Lakers 4, Sacramento 3
2002–03 NBA Oeste Pacífico 59 23 .720 Gañada primeira rolda
Perdidas Semifinais de Conferencia
Sacramento 4, Utah 1
Dallas 4, Sacramento 3
2003–04 NBA Oeste Pacífico 55 27 .672 Gañada primeira rolda
Perdidas Semifinais de Conferencia
Sacramento 4, Dallas 1
Minnesota 4, Sacramento 3
2004–05 NBA Oeste Pacífico 50 32 .610 Perdida primeira rolda Seattle 4, Sacramento 1
2005–06 NBA Oeste Pacífico 44 38 .537 Perdida primeira rolda San Antonio 4, Sacramento 2
2006–07 NBA Oeste Pacífico 33 49 .402
2007–08 NBA Oeste Pacífico 38 44 .463
2008–09 NBA Oeste Pacífico 17 65 .207
2009–10 NBA Oeste Pacífico 25 57 .305
2010–11 NBA Oeste Pacífico 24 58 .293
Récord tempada regular 2288 2550 .473 1948-2010
Récord Playoffs 76 109 .411 1948-2009

Xogadores editar

Equipo actual editar

Sacramento Kings 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
A/AP 40   Barnes, Harrison 2.03 m (6 ft 8 in) 102 kg (225 lb) North Carolina
B/E 3   Duarte, Chris 1.96 m (6 ft 5 in) 86 kg (190 lb) Oregon
A/AP 17   Edwards, Kessler 2.01 m (6 ft 7 in) 92 kg (203 lb) Pepperdine
B/E 23   Ellis, Keon 1.93 m (6 ft 4 in) 76 kg (167 lb) Alabama
B/E 31   Ford, Jordan 1.85 m (6 ft 1 in) 79 kg (175 lb) St. Mary's
B/E 5   Fox, De'Aaron 1.91 m (6 ft 3 in) 84 kg (185 lb) Kentucky
E/A 9   Huerter, Kevin 2.01 m (6 ft 7 in) 90 kg (198 lb) Maryland
B/E 20   Jones, Colby 1.98 m (6 ft 6 in) 94 kg (207 lb) Xavier
P 25   Len, Alex 2.13 m (7 ft 0 in) 113 kg (250 lb) Maryland
A/AP 41   Lyles, Trey 2.06 m (6 ft 9 in) 106 kg (234 lb) Kentucky
P 00   McGee, JaVale 2.13 m (7 ft 0 in) 122 kg (270 lb) Nevada
B/E 15   Mitchell, Davion 1.83 m (6 ft 0 in) 92 kg (202 lb) Baylor
B/E 0   Monk, Malik 1.91 m (6 ft 3 in) 91 kg (200 lb) Kentucky
A/AP 13   Murray, Keegan 2.03 m (6 ft 8 in) 98 kg (215 lb) Iowa
AP/P 10   Sabonis, Domantas 2.11 m (6 ft 11 in) 109 kg (240 lb) Gonzaga
A/AP 18   Slawson, Jalen 2.01 m (6 ft 7 in) 98 kg (215 lb) Furman
A/AP 7   Vezenkov, Sasha 2.06 m (6 ft 9 in) 102 kg (225 lb) Bulgaria
Adestrador
Asistente(s)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 28-01-2024


Membros do Basketball Hall of Fame editar

Membros do Hall of Fame dos Sacramento Kings
Players
No. Nome Posición Etapa Ano de inclusión no HOF
11 Bob Davies B / E 1945–1955 1970
14 Oscar Robertson B / E 1960–1970 1980
16 Jerry Lucas AP / P 1963–1969 1980
27 Jack Twyman A / AP 1955–1966 1983
9 Bobby Wanzer B / E 1948–1957 1987
34 Clyde Lovellette P / AP 1957–1958 1988
1
10
Nate Archibald B / E 1970–1976 1991
14 Arnie Risen P 1948–1955 1998
15
32
34
Wayne Embry2 P 1958–1966 1999
12 Maurice Stokes A / AP 1955–1958 2004
50 Ralph Sampson P 1989–1990 2012
5 Guy Rodgers B / E 1967–1968 2014
2 Mitch Richmond B / E 1991–1998 2014
13 Šarūnas Marčiulionis B / E 1995–1996 2014
12 Jo Jo White B / E 1980–1981 2015
Adestradores
Nome Posición Etapa Ano de inclusión no HOF
Bill Russell1 Adestrador 1987–1988 1975
Contribuidores
Nome Posición Etapa Ano de inclusión no HOF
Lester Harrison Adestrador / Propietario 1948–1955 1980

Notas:

  • 1 Incluído como xogador. Nunca xogou para os Kings.
  • 2 Incluído como contribuidor.

Dorsais retirados editar

Dorsais retirados dos Sacramento Kings
No. Xogador Posición Etapa Data de retiro
ARCO Arena/Sleep Train Arena 1988–2016
1 Nate Archibald B / E 1970–1976
2 Mitch Richmond B / E 1991–1998 5 de decembro de 2003
4 Chris Webber A / AP 1998–2005 6 de febreiro de 2009
6 Fans ("O Sexto Home") 1985–presente 1986–87
11 Bob Davies B / E 1945–1955 1989–90
12 Maurice Stokes A / AP 1955–1958
14 Oscar Robertson B / E 1960–1970
16 Peja Stojaković A / AP 1998–2006 16 de decembro de 2014
21 Vlade Divac P 1998–2004 31 de marzo de 2009
27 Jack Twyman A / AP 1955–1966
44 Sam Lacey P 1970–1981

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar