Ralph Sampson

baloncestista estadounidense

Ralph Lee Sampson, Jr., nado o 7 de xullo de 1960 en Harrisonburg, Virxinia, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense que xogou durante 9 temporadas cos Houston Rockets, Golden State Warriors, Sacramento Kings e Washington Bullets da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 2,24 m, foi escollido no primeiro lugar no Draft da NBA de 1983. Nos seus tres primeiros anos na competición fixo unha media de 20,7 puntos e 10,9 rebotes por partido, o que lle valeu ser nomeado Rookie do Ano. Porén, as lesión cortaron a súa progresión, provocando a súa perda de protagonismo cos anos. Desde 2012 é membro do Salón da Fama do Baloncesto.

Modelo:BiografíaRalph Sampson

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Harrisonburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaHarrisonburg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Virxinia
Harrisonburg High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura224 cm Editar o valor en Wikidata
Peso104 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1983 Editar o valor en Wikidata - 1995 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porHouston Rockets Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Golden State Warriors
Rockford Lightning
Baloncesto Málaga, SAD
Sacramento Kings
Washington Wizards
1979–1983 Virginia Cavaliers (Pivote, Ala-pivote)
1983–1987 Houston Rockets (Ala-pivote, Pivote)
Participou en
1979Jogos Pan-Americanos de 1979 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRalph Sampson III, Robert Sampson Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3949409 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Elixido no primeiro posto do Draft da NBA polos Houston Rockets, na súa primeira temporada na competición fixo unha media de 21,0 puntos e 11,1 rebotes por partido, o que lle valeu para ser nomeado Rookie do Ano. Tras manter a súa achega durante tres anos, na temporada 1985−86 guiou xunto a Hakeem Olajuwon aos Rockets ás Finais da NBA, eliminando nas finais de conferencia a Los Angeles Lakers de Magic Johnson, James Worthy e Kareem Abdul-Jabbar. No quinto encontro desa eliminatoria, Sampson deu a vitoria ao seu equipo cunha canastra sobre a bucina.

A partir de aí, a súa carreira comezou a deteriorarse debido aos seus problemas de xeonllo. En 1988 foi traspasado aos Golden State Warriors, onde as lesións limitaron moito o seu xogo. En 1989 foise aos Sacramento Kings para xogar as temporadas 1989−90 e 1990−91, facendo unha media de 4,2 e 3 puntos respectivamente. Finalizou a súa carreira na NBA cos Washington Bullets en 1991−92, facendo unha media de 2 puntos por encontro. Antes de retirarse, xogou oito partidos no Unicaja Málaga da Liga ACB. O 2 de abril de 2012, anuniouse a súa incorporación ao Naismith Memorial Basketball Hall of Fame.[1]

  1. "Naismith Memorial Basketball Hall of Fame Announces Class of 2012" (Nota de prensa). Naismith Memorial Basketball Hall of Fame. 2 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 2 de abril de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar