Os Milwaukee Bucks son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede en Milwaukee, Wisconsin, que xoga na División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Os Bucks foron fundados en 1968, e actualmente son propiedade do senador Herb Kohl. Os Bucks gañaron un campionato da NBA ao longo da súa historia, foi en 1971, tan só tres anos despois da súa fundación, da man de Jon McGlocklin, Bob Dandridge e sobre todo Oscar Robertson e Lew Alcindor, que ao ano seguinte trocaría o seu nome polo de Kareem Abdul-Jabbar. Xogan os seus encontros coma local no Fiserv Forum.

Milwaukee Bucks
Milwaukee Bucks logo
Milwaukee Bucks logo
Información xeral
Conferencia Leste
División Central
Cores                         
G League Wisconsin Herd
Retirados 9 (1, 2, 4, 8, 10, 14, 16, 32, 33)
Localización
Cidade Wisconsin Milwaukee, Wisconsin
Pavillón Fiserv Forum
Capacidade 17.500 espectadores
Inauguración 26 de agosto de 2018
Persoal
Propietario(s) Wes Edens, Marc Lasry, Jamie Dinan, Mike Fascitelli
Presidente Peter Feigin
Director Jon Horst
Adestrador Mike Budenholzer
Títulos
Campión 2 (1971, 2021)
Conferencia 3 (1971, 1974, 2021)
División 16 (1971, 1972, 1973, 1974, 1976, 1980, 1981, 1982, 1983, 1984, 1985, 1986, 2001, 2019, 2020, 2021)
bucks.com

Os Bucks desempeñaron un importante papel na competición sobre todo na primeira metade da década de 1970 e durante os anos 1980, onde contaron con xogadores como Junior Bridgeman, Sidney Moncrief, Bob Lanier ou Brian Winters, que chegaron en dúas ocasións ás finais de conferencia, perdendo ambas antes os potentes Boston Celtics de Larry Bird. Con todo, durante a década de 1990, tan só chegaron tres veces aos playoffs polo título, perdendo sempre en primeira rolda. A sorte trocou en 2001, e os Bucks chegaron de novo ás finais de conferencia, mais perderon de novo esta vez fronte aos Sixers de Allen Iverson. Dende aquela clasificáronse á loita polo campionato en tres ocasións máis, caendo en todas na primeira rolda.

Historia

editar

Os primeiros anos

editar

A franquía dos Milwaukee Bucks foi formada en xaneiro de 1968, cando a National Basketball Association (NBA) decidiu conceder unha nova licenza á Milwaukee Professional Sports and Services, Inc. (Milwaukee Pro), un grupo encabezado por Wesley Pavalon e Marvin Fishman. En outubro, os Bucks xogaron o seu primeiro partido de tempada regular contra os Chicago Bulls, cun Milwaukee Arena albergando a 8.467 espectadores. Con todo o partido rematou cunha derrota por 84 a 89.[1] Como é típico nos novos equipos de expansión a primeira tempada dos Bucks, 1968-69, foi complicada, non chegando a súa primeira vitoria até a sexta xornada onde os Bucks venceron aos Detroit Pistons por 134 a 118. Porén, tan só ían gañar 26 partidos máis ese primeiro ano.[1] Así e todo, ese mal rexistro e unha moeda ao aire nun sorteo contra os seus compañeiros de expansión, os Phoenix Suns, déronlles á primeira rolda do draft. Esa selección supuxo o poder elixir a un mozo neoiorquino procedente de UCLA, coñecido daquelas como Lew Alcindor. Alcindor sería coñecido dous anos despois como Kareem Abdul-Jabbar.

Aínda que se agardaba que a chegada de Alcindor melloraría os resultados da franquía, ninguén esperaba o que sucedeu esa tempada. Os Bucks acabaron cunha marca de 56-26, case unha inversión exacta da marca do ano anterior, o que foi o suficientemente bo para ter a segunda mellor marca da liga, detrás dos New York Knicks. Esta mellora de foi de lonxe a mellor da historia da liga da historia, até que os Boston Celtics pasaron de 29 a 61 vitorias en 1979, tamén pola chegada dun novo novato, Larry Bird. Na postempada os Bucks derrotaron aos Philadelphia 76ers en cinco partidos nas semifinais da División Leste, para seren derrotados en cinco partidos nas finais polos Knicks. Alcindor foi nomeado Rookie do Ano.

1970-1980

editar
 
Kareem Abdul-Jabbar, o home que converteu os Bucks nun equipo gañador.

Na seguinte tempada, os Bucks conseguiron un inesperado agasallo ao adquiriren ao base Oscar Robertson, alcumado como "The Big O", nun intercambio cos Cincinnati Royals. Robertson era a peza que faltaba para lograr o campionato, unido á grande axuda de Jon McGlocklin. Así, na súa terceira tempada na competición, os Bucks terminaron cun rexistro de 66 a 16, a mellor marca da historia da franquía e a segunda mellor marca na historia da NBA. Ademais, durante a tempada regular, os Bucks rexistraron outra marca histórica da NBA ao acadaren vinte vitorias consecutivas. Xa nos playoffs os de Milwaukee arrasaron cunha marca final de 12-2, gañando o anel de campións o 30 de abril de 1971 tras varreren os Baltimore Bullets en catro partidos. Ao gañaren o título na súa terceira tempada, os Bucks convertéronse na franquía que logrou gañar máis axiña o título dende a súa creación.

Os Bucks convertéronse así nun dos equipos máis potentes da primeira metade da década de 1970. En 1972, os Bucks conseguiron a súa terceira tempada consecutiva de 60 vitorias, sendo primeiro equipo da NBA en facelo. Ademais ese mesmo ano Los Angeles Lakers de Jerry West e Wilt Chamberlain viron como o seu rexistro de 33 vitorias seguidas acababa nun partido televisado para todo o país contra os propios Bucks, con todo perderon nas finais de conferencia contra os propios anxelinos. Un ano máis tarde, regresaron Finais da NBA contra os Boston Celtics. No sexto partido da serie, un "sky hook" deu unha vitoria na segunda parte da prórroga que os levou a disputar o sétimo e definitivo encontro, aínda que acabaron finalmente perdendo. O 16 de xuño de 1975, os Bucks fixeron un mega-traspaso mediante o envío de Jabbar aos Lakers a cambio de Elmore Smith, Junior Bridgeman, Brian Winters e David Meyers. Jim Fitzgerald, o principal accionista dos Bucks, opúxose ao traspaso, mais non posuía accións suficientes para controlar o equipo. Así que quixo vender as súas accións, finalmente o traspaso disparou unha serie de acontecementos que conduciron a un cambio na titularidade do equipo.

 
Kent Benson, elixido polos Bucks no número un do draft de 1977.

Após o mega-traspaso, os Bucks tiveron varias tempadas en transición, mais a maioría dos xogadores do troco comezarían a dar os seus froitos. E así foi, en 1977, despois de que a franquía fose mercada totalmente por Fitzgerald o equipo entrou nunha nova era de éxitos. Comezou coa contratación do adestrador Don Nelson, que converteu no adestrador en novembro de 1976, despois da renuncia de Larry Costello. No draft dese ano os Bucks tiñan tres elección de primeira rolda, e elixiron a Marques Johnson, a Kent Benson e a Mark Grumfeld. Johnson converteríase nunha peza chave nos anos vindeiros. O rookie Sidney Moncrief debutaría en 1979, ano no que tamén chegou o veterano pivote Bob Lanier para encher o oco provocado pola saída de Kareem Abdul-Jabbar.

O 18 de outubro de 1977 nun partido entre Lakers e Bucks, Jabbar bateu co puño Kent Benson, que estaba a ser moi agresivo na súa defensa, e o "laker" rompeu a súa propia man, perdéndose os seguintes 20 partidos. Jabbar foi multado con 5.000 dólares, porén, Benson nunca volveu xogar dun xeito tan agresivo de novo. En febreiro de 1980, os Bucks venderon o propio Benson aos Detroit Pistons a cambio do veterano pivote Bob Lanier. Así, gañarían o título da División Medio-Oeste, mais perderían nas semifinais da contra os SuperSonics. Dende ese intre gañaron outros seis títulos de división consecutivos (esta vez da División Central), conseguindo máis vitorias que derrotas en tódalas tempadas nos seguintes once anos. Neses anos, os Bucks convertéronse en contendentes permanentes da Conferencia Leste, sobre todo grazas ao sólido xogo de Moncrief, de Paul Pressey e de Craig Hodges, e polas chegadas de Terry Cummings, Ricky Pierce e Jack Sikma, de intercambios cos Clippers e Sonics respectivamente. Outros xogadores que xogaron nestas datas nos Bucks foron Larry Krystkowiak, Randy Breuer, Paul Mokeski, Dave Cowens ou Tiny Archibald. En 1985, o Senador dos Estados Unidos Herb Kohl mercou os Bucks, xa que temía que investidores de fóra puidesen mercar a franquía e levala fóra de Milwaukee. En 2003, tras considerar a venda da franquía, Kohl anunciou que decidira non vender os Bucks a Michael Jordan e que seguiría posuíndoos, mellorándoos e continuarían en Wisconsin. En 1988 tamén cambiarían de pavillón, movéndose ao Bradley Center.

1990-1998

editar

Durante a meirande parte da década de 1990, os Bucks afundíronse na mediocridade da man dos adestradores Frank Hamblen, Mike Dunleavy e Chris Ford. Dende 1991 até 1998, os Bucks estiveron sete tempadas consecutivas con marcas negativas. Durante este período, os Bucks conseguiron á primeira elección do draft, elixindo a Glenn Robinson e en 1996 adquiriron o novato Ray Allen nun intercambio cos Minnesota Timberwolves. Ambos os xogadores desempeñaron un papel importante no rexurdimento dos Bucks a finais de 1990. Para honraren o seu 25 aniversario en 1993, os Bucks cambiaron o seu logotipo, substituíndo ao cervo de debuxos animados en favor dun máis rexio. Ademais trocaron as cores do uniforme, pasando da cor vermella á púrpura.

1998-2003 (A era de George Karl)

editar
 
George Karl.

En 1998 os Bucks contrataron o adestrador George Karl. So a dirección de Karl, e coa incorporación dos talentos Tim Thomas e Sam Cassell, a franquía medrou até converterse nun equipo de elite da Conferencia Leste. En 2001 os Bucks gañaron 52 partidos e o título da División Central, e na postemporada os Bucks chegaron ás Finais de Conferencia, perdendo en sete xogos fronte aos Philadelphia 76ers de Allen Iverson.

Despois do forte pulo que supuxo George Karl, os Bucks adquiriron a Anthony Mason ao comezo da seguinte tempada, o que os convertía sobre o papel no equipo a bater da Conferencia. Porén, tanto dentro como fóra da cancha e fóra, a química do equipo foi destruída pola presenza de Mason. Os Bucks, á metade da tempada ocupaban o cuarto posto da Conferencia, comezaron unha impensable caída libre, que culminou cunha derrota contra os Detroit Pistons no último partido da tempada, e a súa eliminación dos playoffs. Isto causou máis tensións entre as tres estrelas do equipo e o adestrador, o que deu lugar ao traspasos de Glenn Robinson a Atlanta a cambio de Toni Kukoč e unha selección primeira rolda do draft, que utilizaron para incorporar a TJ Ford.

A metade da tempada 2002-03, os Bucks enviaron á súa superestrela Ray Allen e a Ronald "Flip" Murray á Seattle SuperSonics a cambio de Gary Payton e Desmond Mason. O traspaso permitiu dar máis tempo de xogo a Michael Redd, e con Gary Payton na zona de defensa, os Bucks terminaron a tempada cunha marca de 42-40, chegando aos playoffs. Malia todo, os Bucks perderon na primeira rolda ante New Jersey Nets en seis partidos. Ao rematar a tempada, o líder do equipo Sam Cassell e o pivote Ervin Johnson foron traspasados a Minnesota por Joe Smith, Payton converteríase en axente libre e George Karl deixaría o seu cargo de adestrador.

Dende 2003

editar
 
Michael Redd.

Despois dunha decepcionante tempada 2004-05 cun balance de 30-52, os Bucks foron equipo de lotaría de Draft. A pesar de contaren tan só cun 6% de posibilidade de elixiren na primeira posición, a sorte sorriulle aos Bucks e tiveron a oportunidade de escolleren o pivote australiano Andrew Bogut, procedente da Universidade de Utah, no número 1. O 1 de abril de 2006, os Bucks atinxiron a marca NBA de menos perdas de equipo nun partido con tan só 2 na vitoria por 96-89 ante Indiana Pacers. A semana antes, o 28 de marzo, bateran a marca de máis triplas nun cuarto, con 11, e nunha metade, con 14, na vitoria por 132-110 ante Phoenix Suns. Os Bucks finalizaron a tempada 2005-06 cunha marca de 40-42, entrando en playoffs na oitava posición. Con todo, foron eliminados na primeira rolda polos Pistons (4-1).

O 28 de xuño de 2006, os Bucks cambiaron de combinación de cores e de uniformes do equipo. As novas cores eran o vermello e o verde escuro, devolvendo ao equipo ás súas cores orixinais. Os novos uniformes foron presentados a última semana de setembro de 2006. Trala tempada 2005-06, os Bucks realizaron moitos cambios, traspasando mesmo a xogadores fundamentais. T.J. Ford foi enviado aos Toronto Raptors a cambio do aleiro Charlie Villanueva; Jamaal Magloire a Portland Trail Blazers por Steve Blake, Brian Skinner e Ha Seung-Jin; e o 10 de agosto de 2006, Joe Smith a Denver Nuggets por Ruben Patterson. Xa en xaneiro de 2007, Steve Blake foi traspasado a Denver Nuggets pola base Earl Boykins, Julius Hodge e diñeiro. Hodge máis tarde sería cortado do equipo.

En marzo de 2008, os seareiros dos Bucks, seleccionaron o seu equipo do corenta aniversario da franquía, que contou con xogadores notables como Kareem Abdul-Jabbar, Oscar Robertson, Ray Allen, Sidney Moncrief ou Michael Redd.[2] O 20 de marzo de 2008, os Bucks anunciaron que non renovarían contrato o "general manager" Larry Harris, contratando a John Hammond, antigo vicepresidente de operacións dos Detroit Pistons, dando ao equipo de Milwaukee a un novo "manager" con recente éxito e o 21 de abril, anunciaron a contratación do adestrador Scott Skiles, antigo membro dos Chicago Bulls.

Xa no verán os Bucks adquiriron a Richard Jefferson, aleiro dos New Jersey Nets a cambio de Yi Jianlian e Bobby Simmons. Así, en 2008 os Bucks seleccionarían no draft a Joe Alexander, asinando ademais a Tyronn Lue, a Malik Allen e a Luke Ridnour. Porén, os resultados da tempada volveron a non ser moi bos. En 2009 os Milwaukee Bucks seleccionaron no draft o prometedor base Brandon Jennings. Jennings, xunto coa mellora de Andrew Bogut, catapultaron o equipo, que o 6 de abril de 2010 conseguiu por primeira vez en catro anos unha praza nos playoffs.

2018-presente: baixo a dirección de Mike Budenholzer

editar

O 17 de maio de 2018, os Bucks anunciaron o exadestrador asistente dos San Antonio Spurs e o exadestrador principal dos Atlanta Hawks Mike Budenholzer como o seu novo adestrador principal.[3] O 26 de agosto de 2018, abriuse ao público o novo estadio dos Bucks, o Fiserv Forum.

Na súa tempada 2019-20, os Bucks conseguiron unha praza de playoff despois do 56º partido de tempada regular do equipo, converténdose no equipo máis rápido en conseguir un posto de playoff medido polo número de partidos xogados e pola data do calendario (23 de febreiro) desde a NBA. cambiou o seu formato de playoff en 1984.[4]

Pavillón

editar
 
Interior do BMO Harris Bradley Center.
Artigo principal: BMO Harris Bradley Center.

Os Milwaukee Bucks xogan os seus partidos como local no BMO Harris Bradley Center, orixinalmente coñecido coma Bradley Center. O pavillón rematouse de construír en 1988, cun custo total de 90 millóns de dólares, substituíndo o MECCA Arena (actualmente denominado O.S. Cellular Area), que fora construído en 1950. O Bradley Center foi un agasallo ao Estado de Wisconsin, actual dono, por parte dos filántropos Jane e Lloyd Pettit en memoria do pai de Jane, Harry Lynde Bradley. Na actualidade é o terceiro estadio máis vello dos que actualmente albergan partidos da NBA, por detrás do Madison Square Garden e do Continental Airlines Area.

A construción dun novo estadio de última xeración foi proposto polo dono dos Bucks, o Senador Herb Kohl, mais a reacción da comunidade para a construción deste novo recinto con fondos públicos foi maiormente negativa. En 2009, o gobernador de Wisconsin Jim Doyle incluíu unha disposición nos orzamentos da capital buscando 5 millóns de dólares do estado para renovar o Bradley Center. Así e todo, os directores do Bradley Center dixeron aos funcionarios estatais que o pavillón necesitaría 23 millóns de dólares en renovacións, polo que accedeu a aumentar os restantes 18 millóns pola súa conta.

O 21 de maio de 2012, cambiouse o nome oficialmente a "BMO Harris Bradley Center", nun acordo entre o propietario dos Bucks Herb Kohl, e representantes do BMO Harris Bank.

Ano Pavillón Capacidade
19681988 Milwaukee Arena 10.783
1988–presente BMO Harris Bradley Center (orixinalmente Bradley Center ata 2012) 18.717

Tempadas

editar
 
Kareem Abdul-Jabbar, xunto co ex presidente estadounidense George W. Bush.
 
Sam Cassell.
 
Michael Redd.
 
Andrew Bogut.
Tempada V D % Play-offs Resultados
Milwaukee Bucks
1968-69 27 55 .329
1969-70 56 26 .683 Gañadas semifinais de división
Perdidas finais de división
Milwaukee 4, Philadelphia 1
New York 4, Milwaukee 1
1970-71 66 16 .805 Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Gañado título da NBA
Milwaukee 4, San Francisco 1
Milwaukee 4, Los Angeles 1
Milwaukee 4, Baltimore 0
1971-72 63 19 .768 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Milwaukee 4, Golden State 2
Los Angeles 4, Milwaukee 2
1972-73 60 22 .732 Perdidas semifinais de conferencia Golden State 4, Milwaukee 2
1973-74 59 23 .720 Gañadas semifinais de conferencia
Gañadas finais de conferencia
Perdidas finais da NBA
Milwaukee 4, Los Angeles 1
Milwaukee 4, Chicago 0
Boston 4, Milwaukee 3
1974-75 38 44 .463
1975-76 38 44 .463 Perdida primeira rolda Detroit 2, Milwaukee 1
1976-77 30 52 .366
1977-78 44 38 .537 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Milwaukee 2, Phoenix 0
Denver 4, Milwaukee 3
1978-79 38 44 .463
1979-80 49 33 .598 Perdidas semifinais de conferencia Seattle 4, Milwaukee 3
1980-81 60 22 .732 Perdidas semifinais de conferencia Philadelphia 4, Milwaukee 3
1981-82 55 27 .671 Perdidas semifinais de conferencia Philadelphia 4, Milwaukee 2
1982-83 51 31 .622 Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Milwaukee 4, Boston 0
Philadelphia 4, Milwaukee 1
1983-84 50 32 .610 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Milwaukee 3, Atlanta 2
Milwaukee 4, New Jersey 2
Boston 4, Milwaukee 1
1984-85 59 23 .720 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Milwaukee 3, Chicago 1
Philadelphia 4, Milwaukee 0
1985-86 57 25 .695 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas finais de conferencia
Milwaukee 3, New Jersey 0
Milwaukee 4, Philadelphia, 3
Boston 4, Milwaukee 0
1986-87 50 32 .610 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Milwaukee 3, Philadelphia 2
Boston 4, Milwaukee 3
1987-88 42 40 .512 Perdida primeira rolda Atlanta 3, Milwaukee 2
1988-89 49 33 .598 Gañada primeira rolda
Perdidas semifinais de conferencia
Milwaukee 3, Atlanta 2
Detroit 4, Milwaukee 0
1989-90 44 38 .537 Perdida primeira rolda Chicago 3, Milwaukee 1
1990-91 48 34 .585 Perdida primeira rolda Philadelphia 3, Milwaukee 0
1991-92 31 51 .378
1992-93 28 54 .341
1993-94 20 62 .244
1994-95 34 48 .415
1995-96 25 57 .305
1996-97 33 49 .402
1997-98 36 46 .439
1998-99 28 22 .560 Perdida primeira rolda Indiana 3, Milwaukee 0
1999-00 42 40 .512 Perdida primeira rolda Indiana 3, Milwaukee 2
2000-01 52 30 .634 Gañada primeira rolda
Gañadas semifinais de conferencia
Perdidas semifinais de conferencia
Milwaukee 3, Orlando 1
Milwaukee 4, Charlotte 3
Philadelphia 4, Milwaukee 3
2001-02 41 41 .500
2002-03 42 40 .512 Perdida primeira rolda New Jersey 4, Milwaukee 2
2003-04 41 41 .500 Perdida primeira rolda Detroit 4, Milwaukee 1
2004-05 30 52 .366
2005-06 40 42 .488 Perdida primeira rolda Detroit 4, Milwaukee 1
2006-07 28 54 .379
2007-08 26 56 .317
2008-09 34 48 .415
2009-10 46 36 .561 Perdida primeira rolda Atlanta 4, Milwaukee 3
2010-11 35 47 .427
2011-12 31 35 .469
2012-13 38 44 .463 Perdida primeira rolda Miami 4, Milwaukee 3
2013-14 15 67 .183
Totais 1909 1815 .513
Playoffs 104 118 .468 1 Campionato

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
Milwaukee Bucks 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
A/AP 34   Antetokounmpo, Giannis (C) 2.13 m (7 ft 0 in) 110 kg (243 lb) Grecia
A/AP 43   Antetokounmpo, Thanasis 2.01 m (6 ft 7 in) 99 kg (219 lb) Grecia
B/E 5   Beasley, Malik 1.93 m (6 ft 4 in) 85 kg (187 lb) Florida State
A/AP 3   Beauchamp, MarJon 2.01 m (6 ft 7 in) 90 kg (199 lb) Yakima Valley
E/A 24   Connaughton, Pat 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (209 lb) Notre Dame
A/AP 99   Crowder, Jae 1.98 m (6 ft 6 in) 107 kg (235 lb) Marquette
B/E 20   Green, A. J. 1.96 m (6 ft 5 in) 86 kg (190 lb) Northern Iowa
B/E 44   Jackson Jr., Andre 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (209 lb) Connecticut
B/E 0   Lillard, Damian 1.88 m (6 ft 2 in) 88 kg (195 lb) Weber State
A/AP 7   Livingston, Chris 1.98 m (6 ft 6 in) 100 kg (220 lb) Kentucky
P 11   Lopez, Brook 2.16 m (7 ft 1 in) 128 kg (282 lb) Stanford
P 42   Lopez, Robin 2.16 m (7 ft 1 in) 127 kg (281 lb) Stanford
E/A 22   Middleton, Khris 2.01 m (6 ft 7 in) 101 kg (222 lb) Texas A&M
B/E 15   Payne, Cameron 1.91 m (6 ft 3 in) 83 kg (183 lb) Murray State
AP/P 9   Portis, Bobby 2.11 m (6 ft 11 in) 113 kg (250 lb) Arkansas
B/E 23   Washington Jr., TyTy 1.91 m (6 ft 3 in) 88 kg (195 lb) Kentucky
Adestrador
Asistente(s)
  •   Vin Baker
  •   DJ Bakker
  •   Sidney Dobner
  •   Trevor Gleeson
  •   Nate Mitchell

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • (GL) Asignado á NBA G League
  • (TW) Xogador cedido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 01-02-2024

Dorsais retirados

editar
 
Bob Lanier.
Milwaukee Bucks retired numbers
Xogador Posición Etapa Data de retiro do dorsal
1 Oscar Robertson B 1970–1974 18 de outubro de 1974
2 Junior Bridgeman A / E 1975–1984
1986–1987
17 de xaneiro de 1988
4 Sidney Moncrief B / E 1979–1990 6 de xaneiro de 1990
8 Marques Johnson A 1977–1984 24 de marzo de 2019
10 Bob Dandridge A / E 1969–1977
1981
7 de marzo de 2015
14 Jon McGlocklin E / A 1968–1976 10 de decembro de 1976
16 Bob Lanier P 1980–1984 4 de decembro de 1984
32 Brian Winters E / A 1975–1983 28 de outubro de 1983
33 Kareem Abdul-Jabbar P 1969–1975 24 de abril de 1993

Mellores rexistros de xogadores da franquía

editar
 
Ray Allen, líder histórico en anotación de triplas cos Bucks.
Tipo Xogador Rexistro
Número de encontros Junior Bridgeman 711
Minutos xogados Bob Dandridge 22 094
Puntos anotados Kareem Abdul-Jabbar 14 211
Rebotes Kareem Abdul-Jabbar 7 161
Asistencias Paul Pressey 3 272
Perdas Glenn Robinson 1 786
Roubos Quinn Buckner 1 042
Tapóns Alton Lister 804
Lanzamentos anotados Kareem Abdul-Jabbar 5 902
Porcentaxe de anotación de tiros de campo Kareem Abdul-Jabbar 54,7%
Triplas anotadas Ray Allen 1 051
Porcentaxe de anotación de triplas Dell Curry 47,6%
Tiros libres anotados Sidney Moncrief 3 505
Porcentaxe de anotación de tiros libres Luke Ridnour 88,6%

Membros do Hall of Fame

editar
 
Moses Malone xogou dúas tempadas nos Bucks.

Os seguintes xogadores foron incluídos no Basketball Hall of Fame. Tamén foi incluído Wayne Embry como contribuidor en 1999. Cómpre destacar que Bucks elixiron no Draft de 1972 a Julius Erving, máis coñecido coma o Dr. J, aínda que nunca chegou a debutar co equipo. Lew Alcindor cambiaría o seu nome o 1 de maio de 1971, mentres xogaba en Milwaukee, polo de Kareem Abdul-Jabbar.

Dorsal Xogador Posición Anos
1 Oscar Robertson B 1970-74
5 Guy Rodgers B/E 1968-70
7 Tiny Archibald B 1983-84
7 Adrian Dantley E 1990-91
8 Moses Malone P 1991-93
16 Bob Lanier P 1979-84
20 Gary Payton B 2003
22 Alex English A 1976-78
33 Kareem Abdul-Jabbar P 1969-75
36 Dave Cowens P 1982-83
  Wayne Embry GM 1971-79

Eleccións no posto número un do draft

editar
Dorsal Xogador Universidade Ano
33 Lew Alcindor UCLA 1969
54 Kent Benson Indiana 1977
13 Glenn Robinson Purdue 1994
4 Andrew Bogut Utah 2005

Adestradores

editar
 
Terry Porter foi adestrador dos Bucks dúas tempadas.
# Nome Período PX V D V% PXP VP DP VP%
1 Larry Costello 19681976 674 410 264 .608 60 37 23 .617
2 Don Nelson 19761987 884 540 344 .611 88 42 46 .477
3 Del Harris 19871991 345 191 154 .554 21 6 15 .286
4 Frank Hamblen 19911992 65 23 42 .354
5 Mike Dunleavy 19921996 328 107 221 .326
6 Chris Ford 19961998 22 5 17 .227
7 George Karl 19982003 378 205 173 .542 32 14 18 .438
8 Terry Porter 20032005 164 71 93 .433 5 1 4 .200
9 Terry Stotts 20052007 146 63 83 .432 5 1 4 .200
10 Larry Krystkowiak 20072008 100 31 69 .310
11 Scott Skiles 20082013 344 162 182 .471 7 3 4 .429
12 Jim Boylan 2013 50 22 28 .444 4 0 4 .000
13 Larry Drew 2013 81 15 67 .183
  • Lenda:

Mascota

editar

A mascota oficial dos Milwaukee Bucks oficial chámase Bango. A palabra "Bango" foi acuñada orixinalmente por Eddie Doucette, o veterano locutor dos partidos da franquía. Doucette usaba a palabra cada vez que un xogador dos Bucks atinxía unha canastra de longa distancia, sobre todo utilizada para os lanzamentos da estrela dos anos 1970 Jon McGlocklin. Así, cando chegou o momento para os Bucks de elixiren un nome para a súa nova mascota o nome de "Bango" gañou o concurso.

Bango leva sendo a mascota oficial dos Bucks dende hai trinta anos, facendo o seu debut oficial o 18 de outubro de 1977, día do primeiro partido na casa dos de Wisconsin da tempada 1977-78, precisamente contra os Lakers do ex xogador dos Bucks, Kareem Abdul-Jabbar, que gañaron por 117 a 112.[5] Bango traballou duro para ser popular entre os seareiros de todo o estado de Wisconsin nos últimos anos, aparecendo nas escolas, desfiles e festivais como embaixador de boa vontade para o equipo. Os seus mates acrobáticos de alto voo e outras entretidas pallasadas seguen desempeñando un papel importante na dinamización dos afeccionados no Bradley Center. Dende 2001, Bango fai tamén algunhas aparicións no All-Star Game.

Con todo, no All-Star de 2009, en Phoenix (Arizona), Bango sufriu unha lesión durante un sketch en que participaban diferentes mascotas. Mentres que estaba enriba do aro, a súa perna dereita esborrexeu, enredouse, e caeu pasando a través do mesmo. Bango rompeu o ligamento cruzado anterior debido á caída e non puido seguir como animador durante do que ficaba da tempada, aínda que fixo aparicións periodicamente nalgúns encontros nunha cadeira de rodas.[6]

  1. 1,0 1,1 "Milwauke Bucks 1969 Games". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2009. Consultado o 12 de abril de 2010. 
  2. "Bucks: 40th Anniversary". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2009. Consultado o 12 de abril de 2010. 
  3. "Mike Budenholzer Named Head Coach Of The Milwaukee Bucks". Bucks.com (NBA Media Ventures, LLC). 2018-05-17. Consultado o 2018-05-17. 
  4. "Can Milwaukee Win 70 Games? Bucks Make NBA History As They Clinch Earliest Playoff Spot In Current Postseason Format". Consultado o 2020-02-24. 
  5. "Bucks 1978". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2009. Consultado o 12 de abril de 2010. 
  6. Vídeo do incidente

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar