Doc Rivers
Glenn Anton "Doc" Rivers, nado o 13 de outubro de 1961 en Chicago, Illinois, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense e actual adestrador dos Philadelphia 76ers da NBA. Debutou como tal na NBA dirixindo a Orlando Magic en 1999. Na súa primeira tempada, levou o premio ao mellor adestrador do ano.
Doc Rivers | |
---|---|
Doc Rivers en outubro de 2007 | |
Posición | Base |
Dorsal | 25 |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Nacemento | 13 de outubro de 1961 (61 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Marquette |
NBA Draft | 1983 / Rolda: 2 / Elección: 31 Por Atlanta Hawks |
Tempadas | 1983–1996 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 9 377 |
Rebotes | 2 625 |
Asistencias | 4 889 |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Adestrador | |
|
Máis tarde, cos Boston Celtics converteuse nun dos cinco adestradores afroamericanos que conseguiron gañar o campionato da NBA.
Un dos seus catro fillos, Austin Rivers, é tamén xogador profesional de baloncesto.
Traxectoria deportiva Editar
Universidade Editar
Entre 1980 e 1983 xogou cos Warriors[1] da Universidade de Marquette, nos cales fixo 13,9 puntos, 4,6 asistencias e 3,3 rebotes por partido.
Profesional Editar
Foi elixido en sétima posición (31 en total) da segunda rolda do Draft da NBA de 1983 por Atlanta Hawks. Xogou 8 tempadas no equipo, onde rapidamente se fixo co posto de titular. O seu mellor ano foi en 1987, cando acabou a tempada facendo 12,8 puntos e 10 asistencias, cuarto neste apartado de toda a NBA. Tras un breve paso por Los Angeles Clippers, fichou por New York Knicks en 1992, onde, tras unha primeira tempada discreta, perdeuse case por completo a segunda por mor das lesións. A mediados da tempada seguinte foi traspasado a San Antonio Spurs, onde completou, moi por baixo do seu nivel, esta e outra máis, para retirarse en 1996.
Adestrador Editar
En 1999 faise cargo do equipo dos Orlando Magic, onde, tras acabar cunha porcentaxe de vitorias do 50% é nomeado Adestrador do Ano. Alí permanece até o inicio da tempada 2003-2004, onde, tras un mal inicio, con 1 partido gañado e 10 perdidos, é destituído.
En 2004 é fichado por Boston Celtics, posto que ostenta na actualidade. Na tempada 2007/2008 gañaría o anel da NBA co seu equipo, os Boston Celtics, derrotando na final por 4-2 a Los Angeles Lakers.
En 2013 converteuse en adestrador de Los Angeles Clippers, con aspiracións ao anel con Chris Paul, Blake Griffin e DeAndre Jordan.
A súa derradeira tempada cos Clippers foi a 2019-20, na que con xogadores como Kawhi Leonard ou Paul George perdeu en semifinais de Conferencia 4-3 contra os Denver Nuggets.
O 3 de outubro de 2020 converteuse en adestrador dos Philadelphia 76ers.
Durante a súa terceira tempada en Philadelphia, o 2 de febreiro de 2023, foi nomeado adestrador do mes de xaneiro, e tamén de marzo-abril da conferencia Leste.
Equipos Editar
- Orlando Magic (1999-2003)
- Boston Celtics (2004-2013)
- Los Angeles Clippers (2013 -2020)
- Philadelphia 76ers (dende 2020).
Logros persoais Editar
- Como xogador.
- Elixido para o All-Star Game da NBA en 1988.
- Como adestrador.
- Adestrador do Ano en 2000.
- Adestrador da Conferencia Leste para o All-Star Game da NBA en 2008.
- Campión da NBA en 2008.
Notas Editar
- ↑ Até 1994, os equipos da Universidade de Marquette denominábanse Warriors