Jerry Sloan
Gerald Eugene Sloan, nado o 28 de marzo de 1942 en McLeansboro, Illinois, e finado o 22 de maio de 2020 en Salt Lake City Utah, foi un xogador e adestrador estadounidense de baloncesto profesional, membro do Basketball Hall of Fame.[1]
Jerry Sloan | |
---|---|
Posición | Escolta / Ala |
Dorsal | 14, 4 |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 88 kg (195 lb) |
Nacemento | 28 de marzo de 1942![]() |
Morte | 22 de maio de 2020 (78 anos)![]() |
Carreira | |
Instituto | McLeansboro (McLeansboro, Illinois) |
Universidade | Evansville (1962–1965) |
NBA Draft | 1965 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Baltimore Bullets |
Tempadas | 1965–1976 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 10 571 (14,0 pp) |
Rebotes | 5 615 (7,4 pp) |
Asistencias | 1 925 (2,5 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como adestrador | |
Adestrador | |
|
Sloan foi o quinto adestrador da historia da National Basketball Association (NBA) en alcanzar as 1000 vitorias, e é un dos dous adestradores na historia da NBA en conseguir 1000 vitorias cun equipo, os Utah Jazz. Ademais é o adestrador que dirixiu a un equipo durante máis tempo na historia da NBA, sendo a tempada 2009–10 a súa 22ª tempada como adestrador dos Jazz. Sloan clasificou ós Jazz para os playoffs da NBA durante 15 tempadas consecutivas, de 1989 a 2003. Malia non ser elixido nunca Adestrador do Ano, é un dos catro adestradores da historia da NBA con 15 ou máis tempadas consecutivas cun récord de vitorias positivo, xunto a Gregg Popovich, Pat Riley e Phil Jackson. Chegou ás Finais da NBA en dúas ocasións (1997 e 1998), pero perdeu ambas contra os Chicago Bulls.
O 10 de febreiro de 2011, Sloan deixou o posto de adestrador dos Jazz. O 19 de xuño de 2013, os Jazz anunciaron a volta de Sloan como axudante de scout.[2] O 22 de maio de 2020, Jerry Sloan faleceu tras unha longa enfermidade.[3]
NotasEditar
- ↑ Ross Siler (4 de abril de 2009). "Utah Local News – Salt Lake City News, Sports, Archive – The Salt Lake Tribune". The Salt Lake Tribune. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2012. Consultado o 26 de xullo de 2012.
- ↑ [1] Utah Jazz: Jerry Sloan rejoins organization as senior adviser, The Salt Lake Tribune, 20 de xuño de 2013
- ↑ ESPN News Services (22 de maio de 2020). "Longtime Jazz coach Jerry Sloan dies at age 78". ESPN.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Estatísticas coma xogador en Basketball-Reference.com Arquivado 12 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)
- Estatísticas coma adestrador en Basketball-Reference.com Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)