Pat Riley
Patrick James "Pat" Riley, nado o 20 de marzo de 1945 en Rome, Nova York, é un ex xogador e adestrador da National Basketball Association (NBA). Actualmente é o presidente da franquía de Miami Heat, ademais de servir como Director Técnico. Ten no seu haber sete aneis de campión da NBA, un coma xogador, outro coma adestrador asistente e cinco coma adestrador, o último deles acadado en 2006. Obtivo o galardón de Adestrador do Ano da NBA en tres ocasións.
(2010) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 20 de marzo de 1945 (79 anos) Rome, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Rome | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Kentucky Schenectady High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 193 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 93 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador, adestrador de baloncesto, xogador de fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1967 - 1976 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Houston Rockets | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Pai | Leon Riley | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarXogador
editarPat Riley xogou baloncesto universitario na Universidade de Kentucky baixo o cargo do lendario adestrador Adolph Rupp. Despois dunha carreira como xogador na NBA, onde gañou un título como xogador cos Lakers en 1972, Riley foi comentarista de televisión para ese mesmo equipo.
Adestrador
editarLogo de pasarse ao banco como asistente por varios anos, Riley asumiu o cargo de adestrador na tempada de 1981-1982. Baixo o seu cargo, os Lakers chegaron ás Finais da NBA no seu primeiros catro anos, gañando o seu primeiro título no seu primeiro ano contra os Philadelphia 76ers. Riley volveu gañar títulos cos Lakers en 1985, 1987 e 1988. Entre os xogadores que Riley tivo neses equipos inclúe Magic Johnson, Kareem Abdul-Jabbar, James Worthy, Kurt Rambis, Byron Scott, Norm Nixon, Jamaal Wilkes, Michael Cooper e outros. Logo da tempada de 1990, Riley decidiu renunciar o seu posto cos Angeles.
Logo dun ano como comentarista para a NBC, Riley asumiu o cargo de adestrador para os New York Knicks. Aínda que Riley usaba un sistema baseado no enfoque ofensivo nos Lakers, Riley trocou a un estilo físico e defensivo en Nova York. Regresou ás Finais da NBA, mais non puido gañar un título con este equipo.
En 1995, Riley paso de Nova York a Miami, onde asumiu o cargo de adestrador e a xerencia do equipo. Riley logrou construír un equipo exitoso en Miami co pivote Alonzo Mourning como o seu punto focal. Con todo, aínda que gañaron varios títulos da División Atlántica, Miami non puido chegar ás Finais da NBA. Previo ao comezo da tempada do 2003-2004, Riley renunciou o seu cargo de adestrador mais quedou coa xerencia do equipo. No 2004, Riley logro adquirir a Shaquille O'Neal dos Lakers e construíu o seu equipo ao redor deste xogador. Xunto coa elección do draft Dwyane Wade, Miami chegou ás finais da conferencia. Riley volveu ao banco a tempada seguinte onde logro gañar un título máis da NBA.